Matemáticas: Hoxe deixaremos de momento o universo de Star wars e aprenderemos a descompoñer números. Pero será unha descomposición algo especial, será unha descomposición onde soamente se poda empregar a multiplicación. Chámase descomposición en factores. Aquí vos deixo un vídeo explicando como se descompoñen. Vídeo.
Despois de velo vos propoño descompoñer os seguintes números.
- 36
- 63
- 128
E para a análise dos climogramas, seguiredes paso a paso as instrucións que aparecen no tema 3 apartado 6. Primeiro dicides como son os veráns, logo os invernos, a amplitude térmica e por último as precipitacións.
Os climogramas que tendes elaborar serán os seguintes:
Ata aquí por hoxe! Moito animo e moita forza que estádelo facendo moi ben!