Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

17/11/13

O dereito a gozar da ciencia e da arte en galego


O pasado día 5 celebramos na escola a IV edición do Día da Ciencia en Galego. Unha xornada dirixida desde o ensino para toda a sociedade galega, e que ten como finalidade defendermos a idoneidade do uso do galego nas áreas científico-tecnolóxicas, comunicarlle á sociedade o orgullo de expresarmos ciencia e tecnoloxía en galego e divulgar experiencias científicas pensadas e desenvolvidas en galego.



Fai sol. Terbutalina

13/11/13

En galego,... máis e mellor nº 43

Xa está aquí o En galego,... máis e mellor de novembro. Na portada un resumo doutra das 55 mentiras sobre a lingua galega. No interior outra volta sobre a colocación dos pronomes átonos e na contraportada o Celta de Vigo que tamén gosta do galego.




 

Inauguración da biblioteca

O pasado venres 25 de outubro inauguramos a Biblioteca....Foi un día especial no que todos os cursos baixamos a este pequeno recuncho e disfrutamos de diversas actividades como o cortado dunha cinta, descubrimos os cambios, visionado dunha peli no novo blogue do proceso de cambio, recordamos as normas, reparto de carnets, marcaandeis, e marcapáxinas para todos\as e como en toda inauguración Chisco convidounos a uns ricos aperitivos... Podedes premer na ligazón para velo.....

8/11/13

Un novo blogue. A xanela de Chisco

BENVIDOS Á MIÑA XANELA!!!!



OLA, SON CHISCO, O RATO DUN BURATO MOI ESPECIAL QUE HAI NO COLE DE RANDUFE.... ESTE BURATO É MÁXICO PORQUE ESTÁ CHEO DE AVENTURAS, HISTORIAS, PERSOAXES, RECUNCHOS.....TODO O NECESARIO PARA FACER VOAR A VOSA IMAXINACIÓN..
.OS MESTRES DO EQUIPO DA BIBLIOTECA, ESTE ANO TEÑEN UNS AXUDANTES DE EXCEPCIÓN....OS NENOS E NENAS DO COLE!!!!!...... TODOS E TODAS ESTÁN TRABALLANDO ARREO PARA POÑER TODO A PUNTO E COMEZAR A FUNCIONAR...

 ASÍ QUE ARRANCA NA BIBLIO O CURSO 2013/14!!!!!! E NON VOS ESQUENZADES: EU ESTAREI VIXIANDO DENDE A MIÑA XANELA.....

Na lista de ligazóns podedes entrar no meu blogue. O preme AQUÍ.

A nova biblioteca

Aquí tedes un video da nova biblioteca e o proceso de transformación. Esperamos que vos guste.

http://www.youtube.com/watch?v=NGYj2dRtGn0&feature=player_embedded