Bos días! Avisei onte polo classcraft pero volvo a avisar por aquí, xa están publicadas no EVA as fotos que me enviáchedes imitando un cadro famoso. Podédelas atopar na materia de Plástica no tema 1. Recoméndovos que vexades as fotos xa que algunhas están moi logradas. Se queredes aínda podedes enviar a vosa ao correo electrónico oprofemartinderandufe@gmail.com
Comezamos o dia de hoxe como sempre con matemáticas!
Matemáticas: xa vexo que pouco a pouco ides colléndolle o truco ao m.c.m. (mínimo común múltiplo) hoxe calcularemos outro dentro dun problema, que non vai ser de aliñar planetas nin lúas. Hai máis problemas a parte de ese. Déixovos un vídeo explicando como se resolvía o m.c.m de onte e outro problema por aquí. Vídeo
Problema: En una tienda de alimentación quieren regalare a todos los niños que vengan un lapiz y una goma para que no dejen de escribir durante el confinamiento. Pero al comprar cajas de lapices y gomas se dan cuenta de que en las cajas de lapices hay 48 lapices en cada caja y en las cajas de gomas hay 30 gomas en cada caja. ¿Cuantos lapices y gomas tendran que comprar como mínimo para que no quede lapiz sin goma? Pregunta opcional ¿Cuantas cajas de lapices serian? ¿Y cajas de gomas?
Ciencias Naturais: Tema tres Sección 4, no apartado de "pon en practica" tendes que escoitar os audios que aparecen das distintas aves e intentar adiviñar o máximo numero de aves, xogarei eu tamén e maña subo un vídeo do meu intento.
Sección 5 o leedes e facedes o seguinte esquema.
Hoxe é o día do libro e o equipo de biblioteca ten preparado algo no seu blogue A xanela de Chisco. Botadelle un ollo! Moito ánimoa todos!!