Bos días chic@s! Hoxe comezaremos visualizando un corto titulado “La
carrera” a través do enlace https://www.youtube.com/watch?v=vVEeHCJxJIQ&list=PLQJxTSvJXplyr0NVV6wnCaL8k3EmhWeuG . Unha vez finalizado, completaremos unha actividade
sobre dito corto La carrera
A continuación realizaremos unha descrición en lingua galega dun
compañeiro/a da clase sen poñer o seu nome no seguinte documento. Non vos esquezades de empregar os puntos traballados onte na actividade das descricións. https://docs.google.com/document/d/1NRXlFU_xlQ_9WcTsZtwXzzp5cz8o3UnWMcwVARkpIFo/edit?usp=sharing
Ao rematar, seguiremos repasando a suma de números decimais cunha tarefa
interactiva a través do seguinte enlace https://es.ixl.com/math/3-primaria/sumar-decimales.
Aproveitando que hoxe é o día do libro, vouvos propor ler o libro que máis
vos gusta. Unha vez rematado, ides gravarvos contándome cal
é ese libro, a razón pola que vos gusta tanto e a información máis relevante del e enviarmo ao correo
electrónico. Animádevos!
Ademais déixovos dous enlaces por si queredes construír un marcapáxinas de
origami.
Un saúdo e ata mañá.
Fanny.