Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

29/4/20

Mércores 29/04/20 - Actividades 3º educación primaria

Bos días chic@s. Hoxe dende a área de matemáticas seguimos repasando os números decimais a través de distintas tarefas interactivas.

Ao rematar, traballaremos os posesivos en lingua galega. Primeiramente visualizaredes o seguinte documento Os posesivos e unha vez finalizado faredes tres actividades para repasar os posesivos Tarefas de repaso

A continuación, leredes a seguinte lectura de mundo primaria a través do enlace https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/comer-fruta-genial e realizaredes as tarefas de comprensión lectora interactivas. Ao finalizar, gravaredes a lectura e enviarédesma ao correo electrónico.

E por último, realizaredes un xogo para seguir traballando as descricións. O xogo consiste en recortar as tarxetas e emparellar cada descrición coa imaxe relacionada. Tamén podedes facelo nas vosas libretas Se buscan los ladrones

Non vos esquezades de seguir escribindo no voso diario e repasar as táboas de multiplicar.
Un saúdo.
Fanny.