Buscar este blog

30/11/18

25/11/18

Educando en igualdade. Non a violencia!

Todas as persoas  nacemos diferentes e crecemos diferentes pero…  tod@s temos os mesmos dereitos. Hoxe, 25 de novembro, Día  Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, é un día para reflexionar sobre a importancia de  convivir en paz respectando as nosas diferencias e facendo uso dos  nosos dereitos.  
Por iso dicimos NON Á VIOLENCIA!
Aquí vos  deixamos uns vídeos para pensar…  Esperamos que vos axuden!


Para tod@s. 



Principiñas e Princesiños (Versión Estendida) from el espejo mágico producciones on Vimeo.


Para os máis pequen@s







Para os median@s



Para os maiores


9/11/18

Resultados Olimpíada Musical (78)

Estou na lavadora 38 votos

Cazapantasmas + Tartarugas mutantes 22 votos

Non todo é o que parece 16 votos

En branco 15 votos

4/11/18

IX Día da Ciencia en Galego

Este ano o IX Día da Ciencia en Galego leva como lema A cultura cientíca e a cultura galega como patrimonio cultural europeo, e vai dedicado a Arquímedes e ao Mestre Mateo.

O físico grego Arquímedes pasou á historia por ser o primeiro que formulou o principio que leva o seu nome, principio de Arquímedes, que explica o que lle acontece aos corpos parcial ou totalmente somerxidos nun líquido.

O mestre Mateo foi un famoso escultor galego medieval responsábel da obra da catedral de Santiago e autor, entre outras obras, do Pórtico da Gloria.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/mestre-mateo-17