Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

Mostrando entradas con la etiqueta Orientación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Orientación. Mostrar todas las entradas

12/6/20

MOMENTOS PARA A REFLEXIÓN

Como cada venres deixámosvos unha curtometraxe para que vexades en familia, hoxe ‘El Cazo de Lorenzo’. Unha proposta baseada no conto da escritora Isabelle Carrier, que relata a vida de Lorenzo, un neno que arrastra sempre consigo un cazo que lle complica a vida, ata que un día... 



Deixámosvos a  explicación sobre o que transmite esta historia.  

TRABALINGUAS - AUDICIÓN E LINGUAXE


Xa temos os primeiros trabalinguas!!!

As valentes que responderon ao reto foron dúas compañeiras de 6º de E. Primaria. Parabéns!

Se queredes participar podedes enviar o voso vídeo á dirección de correo: dianaal@edu.xunta.es









6/6/20

MOMENTOS DE REFLEXIÓN

Este venres eleximos un corto para traballar a tolerancia. Nel vemos cómo uns paxaros se burlan do que é diferente. Pero finalmente unha situación pon a cada un no seu lugar.


4/6/20

TRABALINGUAS - AUDICIÓN E LINGUAXE


Os trabalinguas son xogos de palabras difíciles de pronunciar, que se din rápido e en voz alta. En todos os trabalinguas utilízanse palabras con sons ou letras iguais ou parecidas, para que o resultado final sexa difícil de pronunciar.
Teñen a finalidade de entreter ... E, ademais:

Fomentan a memoria: Non poderás dicir ben un trabalinguas se non cho aprendes de memoria. É un truco infalible para poder pronuncialo ben.

Exercitan a  vocalización: Os nenos terán que esforzarse en  vocalizar adecuadamente cada fonema, pero farano sen apenas darse conta, e dunha maneira divertida.

Fomentan a competitividade cun mesmo: O afán por superarse e chegar a pronunciar os trabalinguas correctamente e de forma rápida failles querer superarse día a día.

Axudan a que os nenos teñan interese pola lingua e a lectura: De súpeto a lingua convértese en todo un descubrimento divertido.

Así que rétovos a aprender os seguintes trabalinguas! Nos vos preocupedes se non sodes capaces á primeira, é cuestión de práctica!



Déixovos tamén un documento para que os poidades ler e así practicar mellor.


TRABALINGUAS.PINCHA AQUÍ.

26/5/20

MEMORIA SECUENCIAL AUDITIVA - Audición e Linguaxe


Na nosa práctica diaria é de vital importancia non considerar a LINGUAXE como un elemento illado, senón como un conxunto de habilidades que deben traballar correctamente para un bo desenvolvemento e funcionamento deste.

 Unha destas habilidades que inflúen sobre a linguaxe é a memoria auditiva verbal, pero en que consiste? Coñécese como memoria auditiva á capacidade de almacenar e lembrar a información que se presenta de forma oral de maneira secuencial.

Un fallo neste proceso podería implicar unha maior dificultade na comprensión da linguaxe oral. Para comprender correctamente unha mensaxe que se presenta pola vía auditiva é necesario almacenar dita información, para posteriormente pasar á súa codificación e análise.

A través dos seguintes vídeos podedes practicar repetindo  secuencias de palabras ou a través de sons





18/5/20

Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia

Onte, ademais de ser un día importantísimo para todos os galegos e galegas, o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, foi o Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia. Dende o Equipo de Convivencia queremos falarvos destas palabras (que rematadas en fobia sempre son malas, pois significan odio cara estas situacións).
Cando nacemos asígnannos unha identidade rexistralsegundo os nosos órganos xenitais somos homes ou mulleres. A identidade de xénero é o sentimento íntimo que ten cada persoa de identificación como home ou muller, independentemente dos xenitais. Hai persoas cuxa identidade rexistral non coincide coa súa identidade de xénero, Transexualidade (Trans*).

Deixámosvos un pequeno vídeo e un rap que nos explica esta situación. 






Imaxinádesvos o difícil que debe ser esa situación? Que ti sexas un neno pero que todo o mundo che diga que eres unha nena? Que lle vaias dicir a alguén que te sintes nena e que se ría de ti ou te trate mal porque che di que eres neno?

Deixámosvos o enlace ao protocolo que publicou a Xunta de Galicia sobre Identidade de Xénero, onde nos dice como temos que actuar os centros educativos e as familias ante estas situacións. 

Protocolo Identidade de Xénero

Recordade, o máis importante é que ninguén se sinta só e saiba que pode contar con nós!


PRAXIAS - Audición e Linguaxe


Ola familias!

“Desde o punto de vista do fala e a linguaxe, as praxias bucofonatorias son os movementos que axudan a exercitar e traballar todos os órganos (boca, mandíbula, lingua, beizos, etc.) que interveñen na articulación dos fonemas.

A relación existente entre motricidade e linguaxe é algo evidente, observando que moitos dos nenos que presentan desordes articulatorios teñen moi pouco desenvoltas as funcións motrices. De aí a importancia de que os órganos articulatorios poidan adquirir a axilidade e coordinación de movementos suficientes e necesarios para falar con corrección. A adecuada motricidade destes órganos é un prerrequisito necesario para alcanzar unha capacidade articulatoria suficiente.”  (Estefanía García Gijón)

Para poder practicar estes movementos propoño o seguintes vídeos !
(Recomendo facer os exercicios  diante dun espello ou empregando a cámara do ordenador para que os nen@s poidan verse!!)






15/5/20

MOMENTOS DE REFLEXIÓN.


"Easy Life" é un corto que en só 2 minutos invita a pensar na importancia da educación  e  do esforzo constante.




Cada venres iremos suxerindo un corto para que vexades en familia. 









13/5/20

Estar hospitalizados

Este curso no colexio tivemos varios casos de nenos hospitalizados. Dende aquí queremos mandárlles unha mensaxe a estes valentes no Día do Neno Hospitalizado, dicirlles que para nós son superheroes e que esperamos que ao volver ao cole nos conten os detalles da súa aventura (que vos fixeron, como son as habitacións do hospital, se fóstedes á escola, que vos daban de comer...)



Ás familias deixámosvos o enlace ao dous protocolos para que quededes máis tranquilos ante un caso destes. Os colexios adaptámonos ao neno porque o máis importante é a súa saúde. 

Protocolo de Atención Educativa ao alumnado con enfermidade crónica

Protocolo atención domiciliaria




11/5/20

Saír á rúa

Estes días estamos saíndo a pasear, cumprindo as normas (1adulto, 1kilómetro e 1hora⌚) e ao chegar a casa lavando moito as mans✋. Deixámosvos unha idea para facer que os vosos paseos sexan máis entretidos e interesantes. Trátase dunha aplicación na que podedes ir identificando todas as plantas 🍀e flores 🌸que vaiades atopando, porque... estamos en primavera🌻!!!


Ademais hoxe entramos na fase 1 e iso supón algúns cambios, por exemplo poderemos ir no coche coas persoas que vivan con nós. Ademais, os horarios para saír a pasear xa non son por concellos, senón por núcleos de poboación🏬🏡. Onde vivo eu ten menos de 5000habitantes👬👪👧?? Deixámosvos un enlace onde poderedes comprobar todos os núcleos que queirades: Randufe, Malvas, Pexegueiro, Areas...todos! Incluso podedes pasar un bo rato vendo cantos habitantes hai en cada sitio. 

Adultos, recordade que moitos nenos/as teñen medo e é importante normalizar a situación e compartir os nosos sentimentos en familia, tanto antes como despois dos paseos. 

6/5/20

AUDICIÓN E LINGUAXE


Os exercicios de sopro realízanse para axudar a controlar a respiración e para ser conscientes do acto de respirar. O fala prodúcese na fase de espiración, ao sacar o aire, se non existen problemas respiramos e falamos con normalidade, pero se existe algunha dificultade para respirar ou ben dificultades ou situacións que alteran a respiración aparecen dificultades na linguaxe falada.
Nos nen@s pequen@s  os exercicios de sopro ademais de axudar a controlar a respiración, axuda a adestrar os músculos que participan no fala, especialmente os músculos bucinadores que son os que están na meixela e son os que se utilizan para soprar e asubiar.
Por iso deixo neste vídeo algunhas ideas que podemos empregar para practicar na casa dunha forma divertida!!!



4/5/20

SÍLABAS TRABADAS


Ola a tod@s!
As sílabas trabadas son grupos de sílabas nos que nos atopamos dous consoantes seguidas e unha vocal ( C+ C+V). Por exemplo: pla, gro, pri, bla...
 Estas sílabas poden supoñer maior dificultade para os nen@s, tanto no momento da súa aprendizaxe de forma oral (a súa pronuncia), como no momento da súa aprendizaxe en lectura e escritura.

No seguinte enlace presentan una serie de actividades onLine onde poderás practicar cada un destes casos.




2/5/20

Día Internacional contra o Bullying ou o Acoso Escolar

Todos sabedes que onte foi o Día do Traballo, pois hoxe, 2 de maio, é outro día importante: o DÍA INTERNACIONAL CONTRA O BULLYING E O ACOSO ESCOLAR. Estas palabras pódennos resultar un pouco raras, pero as situacións por desgracia non tanto. Deixámosvos un pequeno conto sobre o tema. 




Cando volvamos ao colexio esperemos ser todos como Marina para evitar que isto poida pasar. Temos que seguir tendo unha convivencia positiva como se recolleu nas enquisas que fixemos no primeiro trimestre! 


Moita forza, xa falta menos!

24/4/20

Imos saír da casa

A noticia de que a partir do día 26 os nenos e nenas podremos saír da casa está causando sensacións moi diferentes entre nós. Algúns estamos desexando que chegue ese día 😊(estamos cansados e aburridos de estar dentro da casa) e outros temos medo de saír😕. Todas estas sensacións e sentimentos son normais, estamos nunha situación pola que nunca antes pasamos. Deixámovos un conto no que uns grandes profesionais de botar tempo na casa (hibernan todos os anos) nos explican perfectamente como volver saír. Sabedes quen poden ser eses profesionais??? 

Temos que ter claro que se as autoridades sanitarias nos deixan é porque é seguro, pero sempre cumprindo as normas:
1. Saír unha hora ao día ⌚ (se nos vemos moi agobiados podemos empezar con menos tempo e ir aumentando). 
2. Estar sempre cerca do adulto  que saia con nós e non moi lonxe da casa
3. Distancia de dous metros doutras persoas (podemos practicar este fin de semana cantos son dous metros dentro da casa📏 , que importantes son as mates!!)
4. Podemos levar xoguetes (🚲⚽🎾bici, patinete, pelotas...) pero NON podemos ir ao parque
5. Non debemos tocarnos a cara nin os ollos
6. Se temos mascarilla podemos poñela para saír. 
7. LAVAR MOITO AS MANS AO CHEGAR A CASA!! 

Non esquezas as normas e todo sairá ben. Recorda...se nos deixaron saír os primeiros é porque confían en que o faremos moi ben!!!

17/4/20

Estimulación da linguaxe



Dende o Departamento de Orientación elaboramos o seguinte documento con actividades e pautas para a estimulación da linguaxe dos máis pequenos. Son actividades moi sinxelas que podedes facer todos na casa, animádevos!
Ademais deixámosvos o folleto que xa repartimos no colexio a todo o alumnado de Educación Infantil para que o teñades máis a man pois agora que estamos máis tempo en familia está ben recordar. 


Actividades de estimulación da linguaxe

Folleto Estimulación da linguaxe

14/4/20

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN



Ola a tod@s,  desde o Departamento de Orientación  queremos ofrecervos algunhas actividades coas que podedes aprender xogando!


1.       En primeiro lugar, un taboleiro para traballar as categorías semánticas. Onde soamente necesitamos dous dados para poder xogar!
             
                           TABOLEIRO


2.       Tamén podemos poñer a proba nosa imaxinación creando historias a partir de imaxes. Seguindo o truco 1 2 3 que nos amosan no seguinte ENLACE
  
                      IMAXES

3.       E para todas as idades propoñemos o xogo “QUE TEÑO NA CABEZA”, onde temos que adiviñar a imaxe ou palabra que temos pegada na fronte facendo preguntas de resposta SI/NON. Aquí deixamos un vídeo explicativo.

                                                  QUE TEÑO NA CABEZA

2/4/20

2 abril día mundial da concienciación do autismo

Hoxe 2 de abril é o Día mundial da concienciación do autismo. Aquí vos deixamos un vídeo para que todos coñezamos un pouquiño máis e reflexionemos . Todos podemos aprender e traballar xuntos! 



1/4/20

Entreternos na casa

A quen non lle gustaría ir de viaxe 🚁🚢 e coñecer animais salvaxes? 🐅🐋🐒 
Aquí vos deixamos un truco para facer un safari sen sair da casa e facer fotos moooooi divertidas. Así evitamos durante un rato esa sensación de aburrimento que tanto nos ronda ultimamente e podemos enviar ao cole fotos moi orixinais para que nos vexan os nosos compañeiros 😉. 





Recordade, todo vai sair ben!

31/3/20

Momentos para compartir


Estimadas familias, xa son moitos os días que os nenos/as levan sen ver aos  seus amiguiños do colexio. Animadevos a enviar unha foto do voso fill@ xogando, bailando, saudando, facendo deberes, facendo calquera actividade da  vida diaria... Serán compartidas no blogue e no Facebook do colexio. Pretendemos facer estos momentos más levadeiros, compartindo sorrisos e saudos. Correos onde mandar as fotos: