Ola familias de 3 anos!!!!!!
Tal e como falamos onte, a partir de agora vou deixar o material por aquí. Recordade que é voluntario pero que sería estupendo que poidades facer algo! Logo, xa me iredes contando polo correo, coma sempre.
- Aquí tedes o calendario competencial para a segunda quincena do mes de Abril. Pinchando no título accederedes ao documento en PDF.
CALENDARIO COMPETENCIAL
- "A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO"
Imos escoitar este conto que vos conto eu con moita ilusión, todas as veces que queirades. Cantas máis mellor!!!!!
Cando rematemos imos facer dúas actividades:
- DEBUXO DO CONTO (Pinchade no título e levaravos a unha plantilla PDF por se a queredes empregar, tamén podedes usar un folio en branco).
- Gravar un pequeno vídeo contándome que foi o que máis vos gustou, o que menos, contándome vós un conto a min distinto ou o mesmo. Quen poida facelo, que me envíe o archivo ao meu correo!
- CHEO, MEDIO CHEO E VACÍO: Collemos tres recipientes (vasos, tazas, tuppers...) e imos botándolle lentellas, garavanzos, azucre, etc. Nun dos recipientos terá que estar cheo, outro medio cheo e outro vacío. Podedes enviarme fotos ao correo para ver como o facedes!
- Seguimos xogando, cos números e as cantidades, tal e como vos explicara no PDF enviado antes de Semana Santa. Colocamos os números e debaixo imos poñendo as cantidades con xoguetes, pedras, legumes... XOGADE MOITO A ISTO, TODOS OS DÍAS SE PODE SER!
- FICHA: BUSCO O NÚMERO 1 (Pincha no título).
Calquera dúbida ou problemas para descargar os documentos podedes escribirme ao meu corrreo.
SAÚDOS, NATALIA