Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

21/4/20

Martes 21/04/20 - Actividades 3º educación primaria


Bos días chic@s! Que tal foron estes días? Espero que o pasarades moi ben.
Hoxe comezamos o día cunha nova proposta a través do enlace https://www.youtube.com/watch?v=feJdmeEV9YQ&t=70s.  Imos realizar un pouco de Ioga, esta vez a través dunha historia titulada “Los astronautas del espacio interior”. Espero que vos guste e vos axude a comezar ben o novo día.

A continuación, imos traballar os números decimais. Para comezar visualizaremos a seguinte presentación power point dándolle a iniciar presentación Números decimais. Unha vez rematada, realizaremos unha actividade para repasar os números decimais e as súas partes. Tarefa de repaso

Ao rematar, faremos unha tarefa  en grupo de lingua castelá de ortografía da b e da v . Entrade no seguinte enlace https://docs.google.com/document/d/1pAm0QwrqnEFJZcbOnXlAFuitfh-sRxDTpgUX89LFNWE/edit?usp=sharing. A continuación, elixide unha cor e escribide cada un 3 palabras con esa mesma cor en cada unha das columnas.

Hoxe dende a área de ciencias sociais imos facer unha tarefa de investigación. Primeiramente imos ler a seguinte información das vilas e cidades Documento Unha vez rematado ides realizar un cadro comparativo na libreta coa información anterior onde recollades as principais diferencias entre as vilas e as cidades.

E por último, esta semana vouvos propor un reto semanal que vos enviarei a continuación.
Un saúdo e moito ánimo.
Fanny.