Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

22/4/20

Mércores 22/04/20 - Actividades 3º educación primaria

Ola chic@s! Como imos? Hoxe comezaremos traballando a descrición. Primeiramente elixiremos a un compañeiro/a da clase para poder describir e iremos completando as diversas preguntas propostas Descrición
Unha vez completada a tarefa, na última parte temos que realizar a descrición dunha persoa que elixamos, empregando o guión traballado anteriormente. 

Ao rematar continuaremos traballando os números decimais. Esta vez, a suma de números decimais. É moi sinxela! Mirade o seguinte power point que vos preparei iniciando a presentación Suma de números decimais. Unha vez visualizado, realizaremos unha actividade na libreta para reforzar este concepto. Colocade as operacións antes de realizalas Tarefa de repaso

A continuación faremos un cuestionario quizizz de ortografía de repaso da b e v e da r e rr. Lembrádevos entramos no enlace  https://quizizz.com/join , engadimos o código 298693, poñemos o noso nome e comezamos o xogo. Fixádevos ben nas preguntas!

Non vos esquezades de escribir no voso diario, ler cada día e seguir repasando as táboas de multiplicar. Engádovos outro enlace para repasalas https://www.tablasdemultiplicar.com/
Por certo, xa teño corrixido o concurso de divisións, botádelle un ollo!



Ánimo a tod@s, xa queda menos.
Fanny