Buscar este blog

30/1/17

Resultados Olimpíada Musical (18)

Un só voto de deiferenza 31 a 30 deu a vitoria desta semana a Festa Malandrómica fronte a Arder. Con 13 votos ficou Misión de Audaces. Houbo tamén 12 en branco.

29/1/17

Olimpíada Musical (19)

Esta semana na Olimpíada Musical un grupo Barbanzón: Heredeiros da Crus.


De Ghalisia ao estranxeiro


https://youtu.be/Jn8ShPF9x_I

Íscalle Lura


https://youtu.be/ACPIY5l78RE

Que "Ghallo" é


https://www.youtube.com/watch?v=FdFRRe0Iw_U

Día Escolar para a non Violencia e a Paz

Como xa sabedes, todos os anos, o día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola Unesco dende 1933.

Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Para conmemorar este día, este ano, no colexio de Randufe coñecimos a historia de “O Principiño”, un libro escrito por Antoine de Saint-Exupéry e traducido ao galego por Carlos Casares.

 “O Principiño” recórdanos os valores da amizade, tolerancia, solidariedade...

 

                             


 




 

 Outros contos





27/1/17

Formigas, misión Barcelona

Hai tempo, nesta escola, faciamos unha publicación chamada "O Berce de papel". Nela os nenos e as nenas do cole contaban cousas dalgún libro. Agora os nenos de 5º de primaria fixeron un video contándonos cousas deste libro,"Formigas, misión Barcelona".

Botádelle un ollo a ver se vos gusta, e lembrade. Tedes o libro na biblioteca do cole.......

 

https://youtu.be/dySTq6-cokE

22/1/17

Olimpíada Musical (18)

Ataque Escampe, un grupo con máis dunha década de historia e que conta co tudense Samuel Solleiro entre os seus membros, acompáñanos esta semana na Olimpíada Musical.


Arder


https://youtu.be/dGJ46VjPhm4

Misión de audaces


https://youtu.be/oIPmk7X_nZA

Festa Malandrómica


https://youtu.be/lnuH3WFiKkE

20/1/17

Resultados Olimpíada Musical (17)

Con 51 votos Na iauga foi a gañadora esta semana. Con 44 votos ficou en segunda posición Dance like a galician e con 16 votos, en terceira posición, Voltar. Houbo tamén 7 votos en branco.

19/1/17

En galego,... máis e mellor nº 64

O debuxante Luís Davila ilustra este calendario editado pola Universidade de Vigo no que emprega o humor contra os prexuízos lingüísticos; algunhas destas ilustracións no noso boletín. No interior seguimos con ditos e frases feitas.



16/1/17

Resultados Olimpíada Musical (16)

A canción gañadora foi Que calor con 56 votos, Non teño diñeiro acadou 39 e Non todo é o que parece 34. Houbo 7 votos brancos.

15/1/17

Olimpíada Musical (17)

Da diáspora galega chega esta agrupación belga, chamada Ialma.


Voltar


https://youtu.be/T-PvdkNvWn0

Na iauga


https://youtu.be/Xvsquo3V4Aw

Dance like a galician


https://youtu.be/mvUNrEOABYg

11/1/17

Resultados Olimpíada Musical (15)

A gañadora foi O Apalpador de Paco Nogueiras con 42 votos, seguida de O Apalpador de Malvela con 37 e 26 votos para Volver a casa por Nadal. Houbo tamén 16 votos brancos.

8/1/17

Olimpíada Musical (16)

Comezamos o ano cun grupo que nos chega de Vigo, Aerolíneas Federales, unha banda fundada nos anos oitenta e que formou parte diso que se deu en chamar movida viguesa.


Non todo é o que parece



Non teño diñeiro



Que calor