Ola chic@s! Que tal ides? Hoxe comezaremos realizando un pouquiño de Ioga a través da
historia de Hanu & Man https://www.youtube.com/watch?v=gL4objXGB4A. A que nos vai moi ben para comezar mellor o día?
Dende a área de matemáticas seguiremos traballando a comparación de decimais a
través dunha tarefa na que tedes que ordenar distintos números decimais Actividade de repaso. Ademais, engádovos un xogo para que practiquedes a comparación de
decimais a través de distintos prezos de roupa Xogo de decimais
A continuación avanzaremos nun vocabulario novo de lingua galega vinculado cos bombeiros. Primeiro comezamos visualizando a seguinte imaxe durante 5 minutos No parque de bombeiros Despois responderemos oralmente as preguntas. Ao rematar memorizaremos as palabras do banco e unha vez memorizadas, intentamos facer nós mesmos o ditado. Ao acabar, corrixímolo e marcamos os acertos.
Ao finalizar traballaremos o concello dende a área de ciencias sociais. Realizaremos unha tarefa de investigación sobre o noso concello para completar a seguinte ficha O concello
E por último, imos realizar un cuestionario quizizz de comprensión lectora.
Recordade entramos no enlace https://quizizz.com/join e introducimos o código 548166. Poñemos o noso nome e comezamos o cuestionario.
PD: Revisade as vosas descricións a ver se son correctas as solucións. Do contrario corrixídeo noutra cor.
Un saúdo e ata maña.
Fanny.