Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

27/4/20

2º de Primaria. Matemáticas 27 a 30 de Abril

Bos días. Como estades? Espero que vos estea sentando ben sair a pasear.

Continuamos esta semana coas taboas de multiplicar. Estamos xa coa do 8! Deixovos coma sempre as tarefas e unha idea da súa temporalización.

Luns 27: Imos comenzar voltando aos problemas de sumas e restas con levadas pra non esquecelos. Ficha

Martes 28: Volvemos ao noso libro pra facer a primeira parte da ficha 25 de cálculo. Nesta aparecen algunhas multiplicacións por 11. Pra facelas, so temos que saber que o resultado de multiplicar un número do 1 ao 9 por 11 será ese mesmo número dúas veces. Por exemplo: 2x11=22. Ficha

Mércores 29: Comezamos a aprender a taboa do 8 facendo, coma sempre, os cinco pasos de "tablas de multiplicar": enlace

Xoves 30: Rematamos a ficha 25 facendo, agora sí, a parte dedicada a taboa do 8. Coma sempre, non é necesario que inventedes un problema pra cada conta no último exercicio, pero sí que inventedes polo menos un: Ficha

Xa sei que algúns de vos necesitaredes o tempo pra completar estas actividades mentres outros farédelas bastante rápido, non vos preocupedes, cada un temos os nosos ritmos. Se rematades rápido, a maiores seguide repasando as taboas, en especial esta semana a do 8 e outras que vos dean problemas, cos xogos de árbolabc e mundo primaria. Tamén podedes comezar a ver con xogos a do 9 ou facer esta ficha de ampliación do 8.

Un saúdo, moito ánimo e desfrutade do aire libre con responsabilidade. Xa falta menos e estádelo facendo moi ben!