Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

25/2/19

En galego,... máis e mellor nº 77, febreiro 2019

O número de febreiro trae na capa unha imaxe, asinada pola Marcha mundial das mulleres, que recolle uns versos do poema Lieders de Rosalía de Castro con motivo do Día de Rosalía.

Lieders, que podedes ler nesta ligazón, é con seguridade o primeiro manifesto feminista publicado en Galiza, un canto de liberdade.

No interior uns apuntamentos sobre o uso de SENÓN e SE NON.

E na contracapa un requirimento dirixido aos adultos, moi necesario no noso país.

Con motivo de Día de Rosalía, musicos estradensenses realizaron este fermoso vídeo

  E MJ Pérez fixo este vídeo co poema Castellanos de Castilla


Olimpíada Musical (92). Sés

Desde o altar

Algo que me anime

Un xeito de borrarte

 

13/2/19

Chefs de 1º e de primeira

Hoxe estivemos con Helena e Raquel en Cociñarte, onde nos ensinaron a facer unha empanada e unha fideuá. Pasámolo moi ben e comemos da empanada que fixemos, que estaba moi gorentosa. Estamos desexando volver. Moitas grazas!, Raquel e Helena.






12/2/19

Resultados Olimpíada Musical (89)

Himno galego - Pretty Woman 26 votos

Como eu te amo 16 votos

All The Lonely People 12 votos

En branco 10 votos