Olaaa! Xa chegou o venres outra vez!. Achégase o domingo…
estades preparados para dar unha voltiña pola rúa? Disfrutade do paseo!
Que tal foi o debuxo da mandala? Seguro que ben.
Comezamos a sesión de hoxe cun bonito barco feito coa
técnica de "collage" achegado por Breixo e “O gato na ventá”
de Africa. Fantásticas obras artísticas!
Vexo que pouco a pouco van chegando as vosas producións.
Para continuar “A
panteira rosa” faranos disfrutar dun momentiño de lecer co capítulo
titulado “Lectura rosa”. Segue sendo divertida!
Proposta de tarefas
Ciencias Naturais: Vídeo sobre a Reprodución sexual das plantas. Prestade moita atención! Seguiremos traballando sobre isto.Tendes que facer un esforciño para recordar as partes da flor, que xa estudamos o curso pasado. Podedes investigar en internet.
Matemáticas: Ficha Cálculo
mental/Ficha de repaso de recta e
segmento
(Vídeo explicativo).
Lectura: Achégovos o libro “Andrés
en el museo del Prado” , por si xa rematáchedes o de “Vaia tropa”.
Lingua
castelá: Ficha de gramática sobre prefixos e posesivos (Vídeo explicativo
posesivos)
Seguide regando as vosas legumes. Unha aperta chic@s!
TRABALLOS BREIXO E AFRICA
VIDEO. REPRODUCIÓN DAS PLANTAS