Ola chic@s! Como imos?
Hoxe para traballar a
área de lingua castelá imos explicar os artigos. Para iso ides ver o seguinte
vídeo https://www.youtube.com/watch?v=CarUDWAbDPc e unha vez rematado
observaremos atentamente a seguinte imaxe "Los artículos".
Despois, imos realizar unha tarefa interactiva dos artigos https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/juego-articulos.
Ao rematar, repasaremos os artigos, agora en
lingua galega. A diferenza do castelán en galego cambian un pouco a súa forma.
Os artigos determinados son; o, a, os e as e os indeterminados; un, unha, uns e
unhas. Agora realizaremos unha tarefa en lingua galega para comprobar se
entendestes o traballado. O artigo
A continuación imos realizar unha lectura interactiva a través da páxina de
mundo primaria. https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/aranas-insectos Unha vez rematada faremos a súa comprensión lectora.
E por último dende a
área de matemáticas imos seguir repasando as unidades decimais Repaso Para iso realizaremos unha tarefa moi sinxela. Unidades decimais.
Ademais engádovos un cuestionario quizizz para
que poidades repasar todos estes conceptos. Recordade entrades no enlace https://quizizz.com/join/ , engadides o código
392449, poñedes o voso nome e
empezades o xogo. Ánimo!
Non vos esquezades de escribir no voso diario e seguir repasando as táboas
de multiplicar.
Un saúdo
Fanny