Buscar este blog

17/11/13

O dereito a gozar da ciencia e da arte en galego


O pasado día 5 celebramos na escola a IV edición do Día da Ciencia en Galego. Unha xornada dirixida desde o ensino para toda a sociedade galega, e que ten como finalidade defendermos a idoneidade do uso do galego nas áreas científico-tecnolóxicas, comunicarlle á sociedade o orgullo de expresarmos ciencia e tecnoloxía en galego e divulgar experiencias científicas pensadas e desenvolvidas en galego.



Fai sol. Terbutalina

13/11/13

En galego,... máis e mellor nº 43

Xa está aquí o En galego,... máis e mellor de novembro. Na portada un resumo doutra das 55 mentiras sobre a lingua galega. No interior outra volta sobre a colocación dos pronomes átonos e na contraportada o Celta de Vigo que tamén gosta do galego.




 

Inauguración da biblioteca

O pasado venres 25 de outubro inauguramos a Biblioteca....Foi un día especial no que todos os cursos baixamos a este pequeno recuncho e disfrutamos de diversas actividades como o cortado dunha cinta, descubrimos os cambios, visionado dunha peli no novo blogue do proceso de cambio, recordamos as normas, reparto de carnets, marcaandeis, e marcapáxinas para todos\as e como en toda inauguración Chisco convidounos a uns ricos aperitivos... Podedes premer na ligazón para velo.....

8/11/13

Un novo blogue. A xanela de Chisco

BENVIDOS Á MIÑA XANELA!!!!



OLA, SON CHISCO, O RATO DUN BURATO MOI ESPECIAL QUE HAI NO COLE DE RANDUFE.... ESTE BURATO É MÁXICO PORQUE ESTÁ CHEO DE AVENTURAS, HISTORIAS, PERSOAXES, RECUNCHOS.....TODO O NECESARIO PARA FACER VOAR A VOSA IMAXINACIÓN..
.OS MESTRES DO EQUIPO DA BIBLIOTECA, ESTE ANO TEÑEN UNS AXUDANTES DE EXCEPCIÓN....OS NENOS E NENAS DO COLE!!!!!...... TODOS E TODAS ESTÁN TRABALLANDO ARREO PARA POÑER TODO A PUNTO E COMEZAR A FUNCIONAR...

 ASÍ QUE ARRANCA NA BIBLIO O CURSO 2013/14!!!!!! E NON VOS ESQUENZADES: EU ESTAREI VIXIANDO DENDE A MIÑA XANELA.....

Na lista de ligazóns podedes entrar no meu blogue. O preme AQUÍ.

A nova biblioteca

Aquí tedes un video da nova biblioteca e o proceso de transformación. Esperamos que vos guste.

http://www.youtube.com/watch?v=NGYj2dRtGn0&feature=player_embedded

25/10/13

A voltas cos substantivos

Agora que andamos cos substantivos veñen moi a conto estes dous espazos do Ben Falado. Un deles vai sobre os nomes propios que levan artigo e como debemos contraer ise artigo coas preposicións á hora da escrita. O outro recolle un caso de formación de plurais.




 



 



 

16/10/13

En galego,... máis e mellor nº 42

Na portada un pequeno resumo da primeira mentira recollida do libro 55 mentiras sobre a lingua galega, e tres viñetas de Davila na contraportada. No interior o "En galego,... máis e mellor" comeza unha xeira sobre a colocación correcta dos pronomes átonos.



O sistema nervioso

Viva a gheada!

A gheada, ao igual que o seseo, son admitidas como realizacións válidas no noso idioma, e así esta recollido nas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego publicadas pola Real Academia Galega. Xa que logo non debemos gardar ningúnha valoración negativa cara estas formas de falar o galego, que son plenamente válidas.
E non vos esquecer que se a queredes escribir debedes pór "gh", nunca un "j".



Nesta aula da Universidade de Santiago de Compostela, algúns mozos e mozas fálannos coa súa bonita gheada.




 

14/10/13

Estudamos os substantivos

En lingua castelá estudamos os substantivos, que nesta lingua chámanse sustantivos, e tamén andamos a voltas coa sílaba tónica.




13/10/13

Preparando o Samaín e reciclando.

Xa se achega o Samaín e a revista OINK tráenos unha divertida suxestión: converter unha vella camisola nunha terrorífica caveireta: camiseta + caveira.


Ademais o nº de outubro de OINK trae como aproveitar o interior das cabazas para facer unhas deliciosas chulas.


Lembra que non se debe desaproveitar a comida, como nos di o seguinte episodio da familia Trebón en Planeta Verde:


Como presta a comida cando se aproveita ben!


E tes ao teu dispor a revista na biblioteca da escola.

Flor das augas. Tonhito de Poi

Flor das augas. Tonhito de Poi