Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

16/4/20

Tarefas 5º EP 16/04

Bos días! Quería agradecervos a todos e a todas todo o esforzo que estades facendo na casa para seguir as tarefas todos os días. Onte falando no chat máis de un amosou canto bota de menos o colexio, as veces fainos falta perder o que temos para comezar a valoralo. Eu tamén vos boto de menos a todos e todas. Non vos preocupedes que dentro de pouco xa volveremos a vernos!

Matemáticas: Imos seguir coa descomposición de números en factores. Para iso temos que lembrarnos dun concepto básico que son os números primos. Alguén se lembra? Deixo aquí o vídeo onde explico que son e como se fai a descomposición. VideoLembrade empregar sempre números primos para facer a descomposición. Os números a descompoñer serán:
  • 28
  • 48
  • 63
Lingua Galega: Facemos os exercicios de avalíate e reforza da unidade 7 do apartado "Ao peche".

Ciencias da Natureza: Lectura do apartado 3 do tema 3 sobre os mamíferos. Despois completa o seguinte esquema: Completa.






Lengua castellana: Lectura del apartado de gramática del tema 7. Sólo lectura y comprensión sobre los adjetivos. Teneis que realizarme como mínimo una pregunta sobre el apartado a través del classcraft.





Ata aquí as tarefas de hoxe. Moito ánimo a todos!