Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

Mostrando entradas con la etiqueta 3 anos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3 anos. Mostrar todas las entradas

19/6/20

ENGLISH 

"TIME TO SAY GOODBYE".

Have a nice holiday and see you next year!
And those who are not coming back, be good and show the world what great people you are!
Love.
Amalia.





Fin de curso Música

Bos días!
Chegamos hoxe ao último día do curso! Tráiovos a todos un vídeo sorpresa. Foi unha magoa non ter a oportunidade de ensinarvos isto no cole, pero espero que o desfrutedes igualmente! Está feito con todo o cariño!
Un saúdo a todos e todas e pasade un moi bo verán!
Jairo.




15/6/20

CONVIVENCIA. MINDFULNESS


Ola de novo! Chegou o momento da despedida.
 Esta é a derradeira sesión de Mindfulness  por este curso .
Despedímonos cunha proposta de "relaxación muscular". Poñede toda a vosa atención!


Ata o curso que ven! 
Que pasedes un relaxante e feliz verán!!


PARA TODOS E TODAS!! CON MOITO AGARIMO.


MOITOS ÁNIMOS A TODOS E TODAS E FELICES VACACIÓNS😃😍😎

NOS VEMOS!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS (Semana do 15 ao 19 de xuño)

Bos días familias!!!
Chegamos á última semana de cole, deste curso tan excepcional... para esta semana as propostas que vou deixar van ser soamente dúas, é a última semana de cole e os nenos e nenas xa se merecen un descanso e vós tamén ;)  


1) Nesta última semana, imos volver debuxarnos a nós mesmos nun folio. Podemos vernos nun espello se o necesitamos, logo gardade o debuxo coa data do día en que o fagades... para o curso que vén vounos pedir para ir vendo a progresión... Tamén podedes enviarme ao correo e así xa as gardo, o que resulte máis cómodo para vós!

2) Logo imos facer unhas manualidades veraniegas, vou deixar unhas imaxes de inspiración pero, podedes facer outras... 







MOITAS GRAZAS, NATALIA 


12/6/20

MOMENTOS PARA A REFLEXIÓN

Como cada venres deixámosvos unha curtometraxe para que vexades en familia, hoxe ‘El Cazo de Lorenzo’. Unha proposta baseada no conto da escritora Isabelle Carrier, que relata a vida de Lorenzo, un neno que arrastra sempre consigo un cazo que lle complica a vida, ata que un día... 



Deixámosvos a  explicación sobre o que transmite esta historia.