Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

15/4/20

ACTIVIDADES 4º. Xoves 16 de abril


Bo día a tod@s! Que tal estamos? 
Parece que veñen uns días de chuvia, típico da primavera. Aínda que nós estamos na casa, a primavera chegou e non para de dar sinais. No meu xardín comezan a nacer carballiños. No outono caen as landras dos carballos, entérranse espontaneamente e neste mes comezan a nacer as pequenas árbores. Déixovos aquí unhas fotiños e un curioso vídeo que mostra este proceso. Observade con atención. É a forza da natureza! 
Hoxe, ademáis, é un día especial… especial para Lucía. Está de aniversario! Feliz cumpleaños Lucía! Aquí vai un agasallo para ti de parte de tod@s !!
Por certo, gustáronme moito a casiña e o arco da vella de Manuel, a  mensaxe de Lorena e as tartarugas de Iker.  Manuel, parecías moi cómodo alí  arriba!
Comezaremos a sesión  de hoxe cunha clase de ioga. Quen se anima a practicar? É moi saudable!

Proposta de tarefas
Matemáticas: Fichas numeración/problemas e Xogos “ on line”
Ciencias Naturais/Lingua galega: Observamos e lemos de novo a lámina de “árbores” e facemos a ficha de comparación de paisaxes. Ordenade ben as ideas!
Plástica: Proposta de debuxo
L. Castelá: Ficha de Técnicas de estudo
Valores: Corto animado sobre Compañerismo.
Isto é todo por hoxe. Non deixedes de comunicarvos a través do correo eléctronico se tedes algunha dúbida ou para enviar as vosas obras de arte.
Unha aperta e ata mañá!










¡FELIZ CUMPLE LUCÍA!



PROPOSTA DE TAREFAS

FICHA MATEMÁTICAS

XOGO MATEMÁTICAS

VÍDEO: NACEMENTO  DUN CARBALLO

LÁMINA PAISAXES

FICHA COMPARO PAISAXES

FICHA TÉCNICAS DE ESTUDIO

FICHA DE PLÁSTICA

VÍDEO:CORTO ANIMADO