Bos días chic@s!
Hoxe faremos un traballo
de investigación na área de ciencias da natureza. Para comezar imos ler o seguinte
documento . Animais acuáticos e terrestres Unha vez rematado imos crear unha guía dun
animal acuático e outro terrestre. Para iso déixovos un documento para
completar Guía
A continuación, seguiremos repasando os artigos
en lingua castelá. Espero que os
comprenderades sen dificultade, pola contra preguntade sen dubidar! Para
seguir repasándoos imos facer unhas actividades do libro Artigos
Ao rematar faremos un repaso de todo o tema de matemáticas das fraccións
para comprobar se temos algunha dificultade con este tema. Farémolo a través
dun cuestionario de quizizz. Entrade no enlace https://quizizz.com, engadide o código 728241 , poñede o voso nome e comezades o cuestionario.
Fixádevos ben antes de contestar! Ánimo chic@s!!!
E por último engádovos unha lectura coa súa comprensión a través da páxina
de mundo primaria, https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/al-rico-aguacate .
PD: Hoxe vouvos propor
unha tarefa dende a área de valores. Podedes facela tod@s! Imos facer unha
tarxeta de escritura creativa. Unha vez feita gustaríame que ma enviarades por
correo electrónico. Tarxeta de escritura
Non vos esquezades de escribir no diario e repasar as táboas de
multiplicar.
Un saúdo.
Fanny