Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

17/4/20

Venres 17/04/20 - Actividades 3º educación primaria


Bos días chic@s! Como imos? Hoxe comezaremos facendo un ditado de lingua castelá na libreta. Para iso tedes que escoitar o enlace enviado con moita atención (Dictado-audio).

Póñovos a continuación o modelo de corrección para que vos autocorrixades vós mesmos. Fixádevos atentamente na corrección! Corrección dictado.

Ao rematar, dende a área de ciencias imos realizar un experimento para comprobar dous líquidos que xamais se mesturan. Experimento Unha vez rematado o experimento completaremos a seguinte táboa, recollendo así todo o proceso. Táboa

A continuación imos realizar un concurso de divisións de tres en tres. Para iso ides ao seguinte documento e buscades o voso nome. Completade o resultado coa cor que se vos asinou e comprobade ben os resultados. https://docs.google.com/document/d/1N40KwoR1jRTFhBC3yJIdAcBP3EDlkeKdQnqZV-r6-_k/edit?usp=sharing  Por certo xa tedes corrixido o concurso de multiplicacións, botádelle un ollo!

Por último e dende a área de plástica imos facer unha actividade titulada “Abro a miña mente”. Para iso so precisamos un papel, lapis e cores. Comezamos a actividade, abrimos o seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=DNrnDx-KZUY , escoitamos a canción e mentres a escoitamos, debuxamos todo o que nos exprese esta canción. Unha vez rematado gustaríame que ma enviades ao correo electrónico. Arriba esa imaxinación!

Boa fin de semana e recordade que o luns é festivo. Ánimo, xa queda menos!!!

Un abrazo e moito ánimo.
Fanny.