Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

2/4/20

ACTIVIDADES 4º. Venres 3 de abril


Bo día! Hoxe é un día especial. VENRES! VACACIÓNS! Por fin chegaron!

Despois desta situación tan especial que nos está tocando vivir, creo que temos unha supermerecidas vacacións!

Deixareivos, ao final desta entrada, unhas suxestións de actividades lúdicas para que poidades ocupar o tempo de lecer. 

Recordade que hoxe podedes ver as notas da 2ª Avaliación na aplicación Abalar.

Imos comezar a xornada coa presentación das últimas fotos que recibín. Alejandra enviou outra  orixinal tarxeta de ortografía, Paula animouse a enviar foto e vídeo da  súa graciosa ra , Mario e Sharay achegaron tamén fotos dos seus “collages”, por certo moi orixinais! Bo traballo!

A continuación, como parece que a primavera empeza a coller forza de novo, podedes ver un vídeo onde as flores parecen bailar… é moi curioso!

Proposta de tarefas

Ciencias Naturais: En relación coa primavera, hoxe imos centrarnos no mundo das plantas. Por iso vos presento un vídeo  dun científico moi curioso chamado BEAKMAN. Fai experimentos singulares.

Ademais unha proposta de investigación sobre a “flor do toxo”, tamén chamada “ chorima” ( ficha de investigación e vídeo musical)

Lingua Galega: Hoxe propóñovos memorizar unha poesía titulada “Bolboreta tola! Recordade que o importante na lectura e recitado de poemas é a entoación. Ide pouco a pouco… Quen se anima a gravar un audio?

Matemáticas: Ficha de cálculo e xogo “on line” de Cálculo Mental.

E con isto rematamos.  Sodes merecedores dunha morea de PUNTOS AZUIS! Parabéns para tod@s!

Que pasedes unhas boas vacacións! Xogade moito e disfrutade coa vosa familia! ( Retomamos a actividade neste blog o día 14 de abril.)

Unha aperta enorme!









VIDEO RA PAULA



VIDEO BEAKMAN

FICHA "FLOR DO TOXO"

VIDEO "CHORIMA"

POESÍA "BOLBORETA TOLA"

FICHA CÁLCULO

XOGO "ON LINE"

SUXESTIÓNS VACACIÓNS

DIARIO

MAXIA

TEATRO DE SOMBRAS

PASTA DE SAL

BOLBORETA DE PAPIROFLEXIA

XOGOS DE PAPEL E LAPIS 1

XOGOS DE PAPEL E LAPIS 2

XOGOS DE PAPEL E LAPIS 3

XOGOS DE PAPEL E LAPIS 4

ENIGMAS MATEMÁTICOS