Bo día! Parece que o sol vai facendo quendas coa chuvia. A
auga sempre é benvida, pero tanta chuvia cánsanos un pouquiño, así que hai que
lévalo con sentido do humor. Animádevos
a dar paseos baixo o paraugas! Xa sabedes o que di o refrán… “En abril augas
mil”.
Que tal foi a
práctica co transportador de ángulos? Hai que practicar moito, non é tan
difícil! Hoxe proporeivos continuar coa práctica.
E o ditado? Espero que cometérades poucas faltas!
Para comezar a sesión preséntovos unha parte da película
“Fantasía 2000” acompañada pola melodía “El carnaval de los animales” de Camille
Saint -Saëns.
Proposta de
tarefas
Matemáticas:
Ficha medida de ángulos e Ficha de
cálculo. Tamén deixovos o enlace a
un xogo para traballar as simetrías.
É moi divertido! Tedes que investigar nas ferramentas que aparecen na parte
superior e na parte dereita. Non
tedes máis que mover o lapis e completar as simetrías. Se queredes quedarvos co
voso traballo podedes facer unha captura de pantalla. Se tedes algunha dúbida
podedes preguntarme por correo electrónico.
Lingua
galega: a proposta de hoxe é crear unha historia partindo dun final
que xa está escrito. Gustaríame ler as
vosas historias. Podedes sacarlle unha foto e enviarmas ao meu correo. Eu
comprométome a corrixilas e enviarvos a cada un de vós as correccións. Neste trimestre é conveniente que teña algún rexistro dos traballos que estades a facer. Como vai
esa capacidade creativa?
Lectura en Lingua
Galega: deíxovos unha “Lectura curta” relacionada coa “camuflaxe
dos animais na natureza”. Tamén vos deixo un vídeo que reforza o contido “Palabras llanas”.
Ciencias Naturais: Ficha
autocorrectiva dos mapas conceptuais sobre relación “Reprodución Asexual
das plantas”. Procurade memorizar o contido dos dous tipos de reprodución. Mañá
enviareivos un cuestionario.
Ademais atoparedes un vídeo sobre a xerminación de amorodos, para que poidades facer o
voso propio cultivo. Animádevos!
Bótade tamén un ollo á entrada de "Mindfulness" que aparece na categoría de Convivencia ( máis abaixo desta entrada).
Bótade tamén un ollo á entrada de "Mindfulness" que aparece na categoría de Convivencia ( máis abaixo desta entrada).
Ata maña!