Hoxe comezaremos acertando unha das descricións dos nosos compañeiros/as . Cada un resolve
unha, non serve resolver a que fixemos nós. Empregade unha cor diferente. https://docs.google.com/document/d/1NRXlFU_xlQ_9WcTsZtwXzzp5cz8o3UnWMcwVARkpIFo/edit?usp=sharing
A continuación, traballaremos a comparación de
decimais a través dunha presentación power point que vos preparei. Lembrádevos
de darlle a iniciar presentación https://docs.google.com/presentation/d/1s-DoBmzJGTcnDRBBv7omWZ8XnUafRE0q/edit?dls=true Unha vez visualizada, faremos dúas tarefas.
Ao rematar dende a área de ciencias sociais imos facer
unha tarefa de investigación. Ides investigar sobre varios conceptos vinculados
coa poboación para realizar o noso propio mapa mental. Podedes empregar
diversas fontes de información. Engádovos tamén o documento do libro por se vos
é máis sinxelo.
E por último, engádovos outro enlace para seguir repasando as operacións básicas de números decimais https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/sumas-decimales .
PD: Chic@s algúns esquecéstesvos do primeiro reto, veña que aínda estades a tempo. Para
os que xa superastes o primeiro, envíovos o segundo reto. Animádevos!
Un saúdo
Fanny