Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

14/4/20

2º de Primaria. Matemáticas 14 a 17 de Abril


Bos días! Espero que puidérades descansar estes días e o esteades levando ben! Esta semana imos refrescar a memoria con problemas de sumas e restas con levadas, practicar de novo a igualación de cantidades e seguir coa táboa do 6. Que tal as levades ata aquí? Coma sempre, a temporalización que propoño é orientativa, seguide o ritmo que consideredes.

Martes 14: Problemas de sumas e restas con levada. Ficha

Mércores 15: Repasar e practicar a taboa do 6 cos xogos de Mundo Primaria pra facer os exercicios 3 e 4 da segunda parte da ficha 22 do noso libro: ficha

Xoves 16: Rematamos a ficha co exercicio 5. Non fai falta que inventedes un problema pra cada operación, pero facedeo pra algunha delas. Adxunto de novo a ficha explicando as multiplicacións en vertical.

Venres 17: Recordamos o vídeo de igualar cantidades e igualamos:

536 e 260
175 e 483

Podemos comezar tamén a ver a taboa do 7 coa nosa ficha de taboas e cos xogos de Mundo Primaria.

Recórdovos que para calquera cousa estou a vosa disposición no correo jdapontecampos@edu.xunta.es

Un saúdo e moito ánimo!