Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

28/10/16

Resultados Olimpíada Musical (7)

A canción gañadora desta semana foi... Quérote máis!... con 57 votos. En segunda posición... Catacúmbia!, con 44 votos. E por último, con 34 votos... O tequetengo! 14 votos foron en branco.

25/10/16

Alimentación saudable

Os alumnos e alumnas de Terceiro estamos traballando sobre o tema da Alimentación. Con estes interesantes xogos e videos podemos ampliar os nosos coñecementos! Unha alimentación saudable axudaranos a crecer fortes e sans!


 

https://youtu.be/dxH__2x0p-I

dieta-01

 

dieta03

 

 

dieta02

24/10/16

19/10/16

Resultados Olimpíada Musical (5)

A canción gañadora foi A miña tía, en segunda posición ficou Eu son un artista e por último Todo natural.

14/10/16

Resultados Olimpíada Musical (4)

A gañadora con 54 votos foi Vai alborexar, con 45 ficou en segundo lugar Rosa e por último 39 votos foron para Maxicamente vello. Houbo tamén 7 votos en branco.

12/10/16

As células de 5º

En quinto estamos vendo os seres vivos, por tal motivo os rapaces de 5º A e 5º B xuntámonos en equipos para elaborar células vexetais e animais. Así de ben nos quedaron!img_4727 img_4726 img_4725 img_4724 img_4723

5/10/16

En galego,... máis e mellor. Nº 62

Comezado o curso volve o En galego,... máis e mellor co seu número de outubro, o 62 desta xeira que comezou hai dez anos, en marzo de 2006. En destaque unha viñeta de Davila, hai uns días publicada en Faro de Vigo, na que aparece un dos pais (desgrazadamente poucos) que lle quere transmitir ao seu fillo o idioma. Ademais do pai aparecen algúns dos que estragan o traballo do pai, e aparece o neno... Ese neno que ninguén cun minimo de sensatez desexará que sexa incompetente na lingua propia do país. Arredor da viñeta escribe Cibrán Arxibai no blogue Carta Xeométrica unhas reflexións moi atinadas, que nos deberían facer pensar sobre a nosa actitude e comportamento ao respecto.
No interior comezamos a falar sobre ditos e frases feitas galegas, algo no que pensamos seguir ao longo do curso.



2/10/16

Olimpíada Musical (4)

Esta semana tres cancións de Roi Casal, unha das cales leva a letra dun fermoso poema de Manuel María. Cal é a túa preferida?


Rosa



Maxicamente Vello



Vai alborexar