Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

14/4/20

Tarefas 5º Primaria 14/04

Bos días! Volvemos hoxe as clases, aínda que sexan unhas clases virtuais. Volveremos tamén aos chats sobre as 11:30 que seguro que botades de menos, e tamén as tarefas diarias para non perder o costume e o hábito de traballo. Intentaremos que sexan o máis divertidas posibles para amenizar na medida do posible o voso confinamento. Imos aló!


Matemáticas: Imos comezar repasando con un problema sinxelo pero moi importante.
  1. Hoxe moitas persoas teñen que volver ao traballo, pero necesitan material de protección como mascarillas que se lles repartira en partes iguais en algúns puntos de reparto estratéxicos. Vos seredes os encargados de dirixir ese reparto. Haberá axentes repartindo as mascarillas en 5 paradas de autobuses, 3 estacións de metro e 4 entradas as fábricas. Temos en total unhas 17.544 mascarillas. ¿Cantas mascarillas ten que haber en cada punto de reparto?
Se podedes enviádeme a resposta por classclarf en canto a teñades, que teño que avisar as autoridades para facer o reparto!

Lingua Galega: Lede o apartado de expresión oral e escrita da unidade 7, e ide pensando en algún argumento onde expoñades a vosa opinión sobre as medidas de confinamento e si se debería empezar a deixar saír aos nenos aos parques. Cando teñades as razóns enviádesmas nun documento de Libre Ofice Writer. Lembrade poñer razóns argumentadas.

Lengua castellana:
Leed el apartado de literatura de la unidad 7. Después Leeis las fábulas del ejercicio 3 y contestais a las preguntas de las actividades 4, 5, 6, 7 y 8.

Moito ánimo a todos!