Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

22/4/20

ACTIVIDADES 4º. Xoves 23 de abril


Bo día! Como estades? Espero que ben. Parece que pronto poderedes saír á rúa a dar un paseo.  Iso é unha MOI BOA NOTICIA!!

Como van as xerminacións das legumes? Supoño que xa estarán empezando a dar os seus froitos.

Por certo que tal os exercicios de Ximnasia cerebral? Fuchedes quen de facelos? Difícil, verdade? Hai que seguir practicando…

Hoxe o gato de Lara  iniciará a sesión. Moi BONITO o debuxo Lara!

De seguido pasaremos a disfrutar do “canto do cuco”. Sabedes que este paxaro ven todos os anos por estas datas? A súa chegada marca definitivamente a chegada da primavera. Eu escoitoo dende a miña ventá case todos os días. Déixovos un vídeo para que poidades escoitalo.

Proposta de tarefas

Matemáticas: Ficha de repaso/ Ficha de Inxenio

Valores: Vídeo para identificar emocións

Lectura: Enlace a unha páxina onde atoparedes a letra da canción “O cuco cuqueiro” de Suso Vahamonde. Podedes practicar a lectura e escoitar a canción.

L. Castelá: Escritura dunha carta . Vídeo explicativo.

Plástica: Animádesvos a facer unha mandala co compás?  Déixovos un par de vídeos explicativos. Unha vez feita podedes darlle cor. Poñede en práctica as vosas habilidades! Seguro que van saír deseños moooi bonitos!

Deíxovos tamén o cuestionario de Ciencias Naturais para que comprobedes as respostas.

Non deixedes de visitar dentro do blog a Sección “A xanela de Chisco” que corresponde á Biblioteca. Aparecen variados recursos e suxestións.

Por certo tamén iniciamos onte unha sección de “Mindfulness” para practicar a relaxación. Espero que a disfrutásedes.

Ata mañá! Unha aperta!

DEBUXO LARA



VÍDEO CUCO





FICHA REPASO MATEMÁTICAS

FICHA INXENIO

VIDEO EMOCIÓNS

FICHA CARTA

CANCIÓN "O CUCO CUQUEIRO"

VÍDEO CARTA

VÍDEO MANDALA 1

VÍDEO MANDALA 2

CUESTIONARIO C. NATURAIS