Ola
chic@s! Que tal estades? Imos xa collendo un pouco de ritmo? Recordade que vós sodes @s que tedes que ir
repartindo o traballo segundo o voso ritmo particular.
Arriba
ese ánimo! Xa queda menos!
Como fotos de benvida para hoxe preséntovos as que enviou Alejandra das súas bolboretas, ras e outros animaliños coa colaboración da súa irmá. Moi ben Alejandra!!
Como fotos de benvida para hoxe preséntovos as que enviou Alejandra das súas bolboretas, ras e outros animaliños coa colaboración da súa irmá. Moi ben Alejandra!!
Hoxe
imos comezar a sesión con ritmo, o ritmo de Baloo
na película do Rei León. Hai que desentumecer os músculos! Disfrutádeo!!
(Por certo, na tradución dos subtítulos cometeron algúns erros ortográficos, incluídos acentos. A ver se sodes
quen de descubrilos…)
Seguimos
con tarefas de repaso. É importante que practiquedes a lectura a diario para non perder o ritmo lector. Reservade un
momentiño cada día para esta tarefa, pola mañá…
pola tarde… pola noite… cada un cando mellor lle vaia.
Recordade
que é importante ir mellorando a fluidez
e a entoación, por iso debedes
combinar a lectura silenciosa coa lectura en voz alta. Déixovos un vídeo con
consellos ( importante que o vexades cos vosos papás e mamás).
Comezáchedes
xa a ler o libro “Vaia Tropa”? Que vos parece? A min paréceme moi gracioso!
Proposta de tarefas
Matemáticas: Ficha
de cálculo
Lingua galega: Ficha
de Comprensión Lectora. “Alicia Caediza”
L. Castelá:
- Ficha de lectura: Palabras partidas (lendo as palabras partidas obrigamos ao ollo a ampliar o campo visual na lectura).
- Vídeo consellos lectura.
- Lámina sobre bosques ( para observar e ler con atención). Mañá proporeivos unha tarefa en relación a estas imaxes.
- Vídeo sobre os bosques en España (as fotografías corresponden, a meirande parte, a bosques galegos).
Por certo, non deixedes de ver o vídeo de saúdo dalgúns alumn@s do colexio! Cantas decoracións e que creativas!
FICHA CÁLCULO
COMP. LECTORA. "ALICIA CAEDIZA"
VÍDEO AUMENTATIVOS E DIMINUTIVOS
LECTURA. "EL LOBO Y LA GRULLA"
VÍDEO CONSELLOS LECTURA
LÁMINA BOSQUES
VÍDEO BOSQUES