Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

27/4/20

SEMANA DO 27 AO 30 MAIO, PROPOSTA ACTIVIDADES 3 ANOS!

Bos días familias! 

Aquí están as propostas de actividades para esta semana, espero que vos gusten! 

LÓXICA-MATEMÁTICA

  • Decorar o número 2, nun folio en branco escribirémoslle ao neno/a o número 2 o máis grande que poidamos. Logo, os nenos/as terán que decoralo, con rotuladores, ceras, acuarelas, gomets... 
  • Xogo a adiviñar que número é? Para realizar este xogo, temos que escribir os números do 1 ao 10 en folios. Logo colocarémolos en círculo, o neno/a terá que estar dentro do círculo. Nós teremos que ir dicíndolle os números salteados e eles/as terán que saltar encima do folio onde estea o número dito en voz alta. 
LECTOESCRITURA

  • Buscador do meu nome, imos xogar a encontrar o noso nome. Para iso teremos que facer o seguinte: 
  1. Escribir o nome do neno/a nun folio. 
  2. Recortar cada letra por separado ou escribilo xa separado. 
  3. Esconder as letras pola casa, xardín... 
  4. Darlle pistas ao neno/a para que encontre as letras. 
  5. Formar o nome. 
Podemos facer esta actividade non soamente co nome do neno/a senón cos demais nomes da familia, compañeiros/as do cole. 

PSICOMOTRICIDADE FINA

Xa sabedes que é moi importante o traballo das mans, da psicomotricidade fina por iso para reforzar este aspecto, propóñovos para esta semana facer un colar de macarróns. Podedes pintalos antes para que quede máis chulo, logo os nenos/as nun cordel terán que ir metendo macarrón por macarrón ata facer un colar do tamaño que queiramos. 

MANUALIDADE

Neste vídeo, explícovos como facer esta manualidade cos nenos/as. 


RECORDADE QUE TODAS AS ACTIVIDADES SON VOLUNTARIAS

GRAZAS A TODOS/AS POLO TRABALLIÑO DOS NOMES, XA ME POÑO COA MONTAXE

SAÚDOS, NATALIA