Ao rematar, traballaremos o uso da c e da z cunha tarefa moi sinxela Actividade de ortografía. Unha vez finalizada engadiremos tres palabras de cada unha no seguinte documento de drive https://docs.google.com/document/d/1ISAEEMdhmdbwzpy5EYM6SwqHn01elSIxKyr9Xwvvqw4/edit?usp=sharing. Lembrádevos de usar unha cor diferente.
A continuación para repasar o tema dos decimais ides facer un cuestionario quizizz. Podedes empregar lapis e papel. Entrades no enlace https://quizizz.com/join, engadide o código 611328 , poñede o voso nome e iniciades o cuestionario.
E por último, imos traballar os sinais de tráfico. Para comezar faredes unha tarefa interactiva a través do enlace https://es.liveworksheets.com/fe282822gm. Ao finalizar realizaredes un xogo para traballar o significado dalgúns sinais de tráfico Xogo dos sinais e xa para rematar ides construír un circuito con materiais de reciclaxe e empregando algúns sinais de tráfico. Mirade que chulo este que atopei! Imaxe Lembrádevos de enviarme as fotos ao correo, que quero ver eses circuitos tan orixinais!
Non vos esquezades de seguir repasándoo as táboas de multiplicar. Déixovos outra tarefa por si queredes empregala para repasalas Cuadrado de multiplicar
Boa fin de semana e ata o luns.
Fanny.