Buscar este blog

23/5/16

AS AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA

As alumnas e alumnos de cuarto levan traballando largo tempo para ofrecer unha función de teatro de sombras a toda a escola. A obra representada é un texto de Manuel María. Esperamos que vos gustara. Agora podedes desfrutala tantas veces como queirades. Que comece a función!!!




 

19/5/16

Unha visita moi musical!!!

O pasado xoves, 19 de maio, recibimos na nosa escola a visita de Alberto Pires, gaiteiro e artesán, e Roberto Mariño, tamén gaiteiro. Todos os estudantes aprenderon sobre o proceso de realización das gaitas, as partes dos instrumentos musicais e, o máis importante, gozaron da música. Aquí tedes unha pequena mostra do que vivimos. Moitas grazas por todo e que continúe a festa e a música!


[gallery columns="4" ids="7139,7140,7138,7137,7136,7135,7134,7133" orderby="rand"]



Se queredes saber mais, premede aquí: Alberto Pires

5/5/16

SERÁ UNHA ROCHA OU UN MINERAL?

Os estudantes de cuarto están aprendendo moitísmo de xeoloxía. Grazas a fermosa colección de minerais que temos na aula e o seu estudo, poñemos en práctica todos os nosos coñecementos. Non esquezades revisar con estas actividades!


 







Captura de pantalla (82)

Captura de pantalla (83) Captura de pantalla (84)

2/5/16

GRAN ACTUACIÓN EN RANDUFE: O BIGOTE DE MIMÍ

O xoves toda a escola de Randufe asistirá ao espectáculo musical O bigote de Mimí. Se premedes no cartel, poderedes escoitar algunhas das cancións e así ir aprendéndoas  para quedar sen gorxa na actuación, cantando e bailando sen parar. Desexamos que vos guste:


bigote mimi

Por Luis Valdecillo


 



 

 

 

 

 

Traballo sobre un relato de Manuel María polos alumnos de 6º curso: Do que lle aconteceu a Manuel de Paderna coas ras do seu amigo Fonpedriña (Relato do libro Cando o mar foi polo río)

[embed]https://youtu.be/CfhKPLPNTQU[/embed]