Bo día!
Aquí estamos de novo! Que tal foron os paseíños? Imaxino que moooi ben! Como vos sentídeches? Imos dando pasos… pouco a pouco volveremos a recuperar o noso ritmo habitual de vida. Disfrutade moito!!
Aquí estamos de novo! Que tal foron os paseíños? Imaxino que moooi ben! Como vos sentídeches? Imos dando pasos… pouco a pouco volveremos a recuperar o noso ritmo habitual de vida. Disfrutade moito!!
Como vai o proceso de xerminación? E as mandalas, foron
moi difíciles de debuxar? Ao principio é dificil pero acabaredes sendo uns
expert@s no uso do compás.
Hoxe temos moitas producións artísticas que foron
chegando durante esta fin de semana ao meu correo: unha orixinal tarxeta de ortografía ideovisual
achegada por Mara; mandalas feitas
por Alejandra, Lorena, Mara e Celia, todas diferentes e MOI BEN FEITAS e o magnífico debuxo do “Gato na ventá” feito
por Mara,
cheíño de detalles!
Lorena tamén nos achega o proceso de xerminación fotografiado,
estratexia dunha boa científica!
Ben, para comezar unha mañá de luns é necesario un pouco
de enerxía extra así que vos deixo a “Stanley and Oliver” dándonos o “Bom
día” en portugués ( aínda que se refire a domingo ímolo facer extensivo
tamén ao luns). Seguramente tivéchedes un “marabilloso” domingo! Animádevos a
practicar o baile!!
Proposta de
tarefas
Lingua
galega: A proposta para hoxe é unha ficha de repaso do verbos ( vídeo explicativo).
Lectura: Que tal si nos achegamos á paxina de “Orella pendella”
para ler algúns recitados de “botar a
sortes”?
Matemáticas: Seguimos traballando co círculo e circunferencia. Ficha de novos conceptos e vídeo repaso.
Tamén ficha de cálculo mental.
Ciencias
Naturais: Durante esta semana
repasaremos a reprodución das plantas. Ide vendo os vídeos e completando as
fichas. A finais de semana faremos un cuestionario de autoavaliación. Hoxe
deíxovos un vídeo sobre “Reprodución sexual” e mañá tocará a “Reprodución
asexual” Deíxovos tamén unha ficha para completar.
Isto é todo por hoxe! Ata máña chic@s!
VÍDEO "BOM DÍA"