Ola chic@s! Hoxe comezaremos o día realizando un experimento que espero que
vos guste moito. Imos intentar crear Plastilina caseira. Unha vez realizada recolleremos os resultados
na seguinte táboa Rexistro.
Ao rematar, seguiremos traballando os números decimais. Hoxe nos toca a
resta. Primeiramente visualizamos o power point que vos preparei iniciando
presentación no seguinte enlace https://docs.google.com/presentation/d/1X9qpkHrTiwxqCzFnFGD9jg9xfhGqg3qv/edit#slide=id.p1 A continuación realizaremos unha actividade interactiva para
traballar a resta a través do enlace https://es.ixl.com/math/3-primaria/restar-decimales
Engádovos outro enlace para repasar as dúas operacións principais de
decimais, a suma e a resta por si queredes seguir repasando. https://es.ixl.com/math/3-primaria/sumar-y-restar-decimales
Lembrádevos co outro día fixemos un cadro comparativo da aldea e da vila?
Pois hoxe imos engadirlle as cidades. Primeiramente leremos o documento "As cidades" e ao rematar faremos a tarefa.
E por último, dende a área de plástica faremos unha tarefa titulada “Decora
tu mano”. Comezamos debuxando a nosa man nun folio. Engadímoslle palabras ou
mensaxes positivas e coloreámola empregando diferentes técnicas traballadas na
aula (punteado, raiado, con debuxos...). Arriba esa orixinalidade, quero ver un
montón de mans diferentes!
Ánimo, xa é venres. Xa queda menos!
Un saúdo.
Fanny.