Ola de
novo!
Comezamos unha nova xornada. Que tal van eses paseíños? A ver se deixa de
chover para poder disfrutar doutro xeito.
Como ides
levando o traballo? Que tal vai o tema da reprodución das plantas? Ata agora
estamos facendo un repaso do que estudamos o ano pasado, así que non debería
ser moi complicado para vós. Hoxe coñeceremos a reprodución por esquexes,
inxertos… Miguel fixo a proposta de
facer algúns mapas conceptuais. Boa suxestión Miguel!
Para comezar presentaremos a
orixinal mandala de Sharay. Moi
ben Sharay, moi creativa!
Logo pasaremos a ver algunhas ilusións ópticas. Prestade moita
atención! É moi curioso como funciona o noso cerebro!
Proposta
de tarefas
Lingua galega: Ficha
de Comprensión lectora. Repaso de Pronomes
Persoais
(lámina) e de Campos Semánticos ( vídeo).
(lámina) e de Campos Semánticos ( vídeo).
Matemáticas: Procurade
o “transportador de ángulos” que
mercáchedes ao comezo do curso, pois imos aprender a utilizalo. Para iso
déixovos un sinxelo vídeo
explicativo e unha fichiña para
comezar a practicar. Tamén unha ficha de problemas.
Ciencias Naturais: Despois
de ver o vídeo sobre “Reprodución asexual das plantas” intentade completar a ficha que contén mapas
conceptuais. Deíxovos tamén a de onte cuberta, para que corrixades a vosa .
Lingua Castelá: Ficha
de preparación de “Ditado”. Repasade
no folleto de Gramática, que tedes na
vosa carpeta, os conceptos de ditongo e
hiato. Podedes facelo nunha libreta. Fíxádevos ben nas faltas, unha vez
corrixido!
Ah! Tamén
vos deixo un vídeo para que vexades
como reproducir amorodos. É do
programa “Polo rego”, emitido pola
TVG , que tanto lle gusta a Manuel.
Ata mañá!
Unha aperta grandota!
MANDALA SHARAY
VÍDEO EFECTOS ÓPTICOS