Buscar este blog

23/11/15

Saída a Tui de cuarto

OLA! Aquí tedes un pequeno resumo dun día cheo de emocións e moitas actividades que vivimos os estudantes de cuarto. Puidemos visitar unha exposición fotográfica das pontes do concello de Tui. Tamén, unha exposición de pintura e escultura do artista Nel Díaz Piñeiro. Bailamos e cantamos co concerto de Gramola Gominola e, por último, unha visita guiada polo Tui antigo co historiador Suso Vila. UN GRAN DÍA! Mirade!


22/11/15

En galego,... máis e mellor nº 56

Neste curso segue a súa andaina o En galego,... máis e mellor, que vai polo número 56.




No número de novembro traemos á portada o poema A fala de Manuel María, e non será o último que recolleremos este curso, por ser o autor chairego a figura a quen se dedica o Día das Letras Galegas de 2016. Este poema foi musicado polo grupo Milladoiro e tamén por Roi Casal, versión que podedes ollar e escoitar neste vídeo.




No interior do boletín resólvense unhas dúbidas sobre a escrita correcta dalgúns números e tamén sobre as dúas formas de nomear os días da semana no noso idioma. Ao respecto dos nomes dos días dicir que as dúas versións son correctas, perfectamente galegas e que as denominacións por "feiras" foron de uso habitual en moitas zonas do noso país, se ben de forma incompleta, até non hai moitos anos. Un vídeo realizado pola Gentalha do Pichel recolle a testemuña do seu uso.



Na contracapa unha desas imaxes que cazamos pola rede en prol do galego e unha viñeta de Xaquín Marín onde co humor e a ironía que lle caracteriza reflicte como os poderes públicos que teñen a obriga de pular pola lingua do país en realidade están coutando o seu desenvolvemento.


E xa que estamos cos números este vídeo vai para os máis cativos da escola.


Nubes. Sérgio Tannus

Nubes. Sérgio Tannus


16/11/15

VISITA CULTURAL A VIGO

Os alumnos de 3º e 4º de Primaria asistimos a unha función de Teatro en Vigo. Foi xenial! Despois o autobús levounos ao Pazo Museo Quiñones de León. Coñecimos o edificio por dentro, o museo arqueolóxico e tamén os xardíns. Foi unha mañá moi divertida!

11/11/15

DIA DA CIENCIA EN GALEGO

O venres pasado, todos os estudantes da escola vivimos un día de Ciencia para aprendermos sobre a luz. Iso si, todos OS experimentos fotón en galego. Mirade todo o que fixemos:


[gallery ids="6832,6838,6839,6837,6836,6842,6835,6834,6833,6841,6844,6845,6846,6843"]

3/11/15

CARETAS TERRORÍFICAS!

Nesta semana de Samaín que xa rematou, traballamos arreo aprendendo a súa orixe celta, escoitando historias e ademais creando unha nova versión de nós. Mirade que xenial!






[gallery ids="6808,6809,6807,6806,6805,6803,6802,6801,6800,6799,6798,6797,6796,6795,6794,6793,6792,6791,6790,6789,6828,6827,6826,6825,6824,6823,6822,6821,6820,6819,6818,6817,6816,6815,6814,6813,6812"]