Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

20/4/20

ACTIVIDADES 4º. Martes 21 de abril


Ola, bo día a tod@s! Como estamos? Espero que ben. Despois de tres días de descanso,dispostos a volver á tarefa?

Alguén se animou a facer malabares? E os experimentos? Xa me iredes contando como vai o voso proceso de xerminación de legumes.

Quen se atreveu coa proposta  que nos fixo Celia ? Saíuvos ben á primeira?

Hoxe dános a benvida Cristina co seu gato mirando o "arco da vella" a través da ventá. Moi bonito Cris!

A continuación, como estamos en abril, e xa é tempo de sementar, preséntovos a "Horta de Balbina". É moi singular! Recordades? O curso pasado por estas datas estabamos a sementar na nosa hortiña escolar.

Hoxe comezaremos a tarefa cun tema de Xeometría. Animádesvos a utilizar o compás? Déixovos un vídeo explicativo para que comecedes a practicar.

Tamén seguiremos avanzando no tema de "As Plantas", que xa estudamos o curso pasado, pero este ano un pouquiño máis ampliado. Estade atent@s ao vídeo que vos presento pois mañá faremos unha ficha sobre o tema.

Proposta de tarefas

Lingua galega: Comp. lectora “Medo á escuridade”

Matemáticas: Ficha de Cálculo mental; Ficha de Inxenio;  Lámina explicativa Círculo/ Circunferencia ( para aprender de memoria) apoiada por un vídeo e...  outro vídeo  sobre “Como usar o compás” (podedes practicar nun folio; pedide axuda aos vosos pais).

Lengua Castellana: Ficha Competencial. “Composteiro” / Vídeo acentuación.

Ciencias Naturais: Vídeo e test sobre “Funcións vitais das plantas” 
(lede e escoitade con atención, mañá faremos actividades sobre esta temática).

Un consello: Algúns xogos abren mellor dende o navegador Mozilla Fixefox. 

Poñede toda a vosa enerxía! Ata maña!

Unha aperta e moito ÁNIMO!


GATO CRISTINA


"A HORTA DE BALBINA"




C. LECTORA. "MEDO Á ESCURIDADE"

FICHA CÁLCULO MENTAL

FICHA INXENIO

LÁMINA. CÍRCULO/CIRCUNFERENCIA

VÍDEO. CÍRCULO/CIRCUNFERENCIA

VÍDEO. USO DEL COMPÁS

FICHA COMPETENCIAL L. CASTELÁ

VÍDEO. ACENTUACIÓN

VÍDEO. "FUNC. VITAIS DAS PLANTAS"

TEST SOBRE AS PLANTAS.