Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

18/12/16

Olimpíada musical (15)

Agora que chegan as vacacións de Nadal, que mellor que estas tres cancións para a derradeira semana en 2016 desta Olimpíada Musical.


O Apalpador (Malvela)


https://youtu.be/j23sS21ziZc

O Apalpador (Paco Nogueiras)


https://youtu.be/qZPsO5m_Tns

Volver a casa por Nadal (Xabarín e a Xababanda)


https://youtu.be/JDqmsWr6Wxk

16/12/16

Resultados Olimpíada Musical (14)

A canción gañadora é Ou iso ou aquilo con 57 votos. Segunda ficou Superheroes con 42 e Xa son maior acadou 21 votos. Houbo tamén 9 abstencións.

11/12/16

Todos os traballos son importantes!

As persoas traballan na natureza, nas fábricas ou ofrecendo servizos a outras persoas.


En Terceiro estamos reflexionando sobre o tema.




 



 

Olimpíada Musical (14)

Esta semana a Olimpíada Musical trae un músico brasileiro e galego, ou sexa brasilego, chamado Sergio Tannus.


Os Superheroes


https://youtu.be/BpTvYntRQnw

Xa son maior


https://youtu.be/1DVjZ-8hVCc

Ou iso ou aquilo


https://youtu.be/N0tWN0gQW_s

4/12/16

Paises de Europa

Aquí fican uns mapas interactivos para practicardes.


paises-como

paises-onde

paises-puzzle

Olimpíada Musical (13)

Lume! Lume ourensán con Lamatumbá!!!


Logo chega o día


https://youtu.be/SP3XiLXJXP4

AC/DZ


https://youtu.be/E7OEuQPrfcQ

Camiños


https://youtu.be/g3pygk_tlq4

28/11/16

Resultados Olimpíada Musical (11)

A gañadora foi A infancia con 86 votos, en 2ª posición Grelo 66 con 45 e de 3ª O tempo que perdín con 12 votos. 8 votos en branco e 1 nulo.

Olimpíada Musical (12)

NARF


Esta semana a Olimpíada Musical vai dedica a Fran Pérez "Narf", recentemente falecido. Acompañando as tres cancións vén un filme de animación, O labirinto dos soños, con música da autoría de Narf.



Asubío


https://youtu.be/A6bDI4q0mL4

Santiago


https://youtu.be/wFB0WKIf-Uw

Onda soante


https://youtu.be/kSlYx_dkVGA

21/11/16

Resultados Olimpíada Musical (10)

Con 119 votos gañou Miña abuela Manuela. 17 votos para O que hai que facer e 10 para O corpo, 2 votos en branco.

15/11/16

Resultados Olimpíada Musical (9)

A canción gañadora é Co xenio destrozado con 79 votos. Con 41 Labregha Berghantiñana e con 28 Milonga de aquí. Houbo 6 votos en branco.

13/11/16

En galego,... máis e mellor nº 63

Houbo un tempo, cando Messi e Cristiano Ronaldo estaban en educación infantil, en que un equipo galego de fútbol estaba ao máis alto nivel, rivalizando co FC Barcelona, naquel tempo adestrado por Johan Cruiff, e co Real Madrid. Estamos a falar do Deportivo da Coruña, que naqueles anos gañou a liga na tempada 1999/2000 e foi subcampión na 1993/94 e 1994/95; tamén gañou dúas Copas do Rei, unha na tempada 1994/95 e outra na 2001/02, esta última derrotando ao Real Madrid no seu propio estadio madrileño. Naquel "Depor" xogaban entre outros Fran e José Ramón, dous irmáns aos que podemos ollar no seguinte vídeo cantando Lume de Biqueira cos Diplomáticos de Monte Alto.



Pois Lume de Biqueira é unha expresión que da nome ao contido que leva no interior este En galego,... máis e mellor. Na capa un fermoso poema de Manuel María que di que "só en galego se pode comprender e posuír a total plenitude desta terra", e na contracapa dúas viñetas de Xaquín Marín.



Olimpíada musical (10)

Migallas


O corpo



Miña abuela Manuela



O que hai que facer


10/11/16

VII Día da Ciencia en Galego

Aínda que cunha semana da atraso respecto da súa data oficial, non vai pasar este ano sen que celebremos o Día da Ciencia en Galego, que vai xa pola súa sétima edición. Nesta ocasión as figuras homenaxeadas son Gregor Mendel e Cruz Gallástegui.


carteldcg1-2016

 Mendel foi un xenetista que deduciu unhas leis da herdanza a partir dos seus estudos experimentais con chícharos.


gallastegui

Gallástegui foi un enxeñeiro agrónomo e veterinario pioneiro na investigación con híbridos do millo e grande impulsor da modernización agrícola en Galiza.


 

Ambas as figuras teñen moito a ver coa agricultura e a un tipo de plantas agrícolas está dedicado este ano 2016 por parte da Organización das Nacións Unidas (ONU) e da súa Organización para a Alimentación e Agricultura (FAO) como Ano Internacional dos Legumes.



Para celebrar o Día da Ciencia en Galego non só coñeceremos moitas cousas sobre Mendel, Gallástegui e os legumes, tamén as plantaremos na horta e en bandexas para sementes. E non esquezamos que o Día da Ciencia en Galego foi instituído en 2010 para reclamar o dereito a impartir e recibir en idioma galego o ensino das matemáticas, da tecnoloxía e das ciencias en xeral.


legumes

7/11/16

4/11/16

Resultados Olimpíada Musical (8)

A canción que gañou foi Manola, nada máis e nada menos que 90 votos. Con 36 ficou en segunda posición Eu teño alguén e de terceira Os números con 21. 6 foron os votos en branco.

2/11/16

Fauna do Monte Aloia

Os alumn@s de  3º e 4º podemos aprender algo máis sobre a fauna do Monte Aloia a través desta presentación.



1/11/16

Olimpíada Musical (8)

Do libro-disco Xiqui Xoque, Fiú Fiú de María Fumaça.


Eu teño alguén



Manola



Os números


Tempo de Samaín!

Así decoramos os alumnos de Terceiro a porta da nosa aula na festa do Samaín!


samain22 samain21 samain20 samain19 samain18 samain17 samain16 samain15 samain14 samain13 samain12 samain11 samain10 samain9 samain8 samain7 samain6 samain5 samain4 samain3 samain2 samain1

28/10/16

Resultados Olimpíada Musical (7)

A canción gañadora desta semana foi... Quérote máis!... con 57 votos. En segunda posición... Catacúmbia!, con 44 votos. E por último, con 34 votos... O tequetengo! 14 votos foron en branco.

25/10/16

Alimentación saudable

Os alumnos e alumnas de Terceiro estamos traballando sobre o tema da Alimentación. Con estes interesantes xogos e videos podemos ampliar os nosos coñecementos! Unha alimentación saudable axudaranos a crecer fortes e sans!


 

https://youtu.be/dxH__2x0p-I

dieta-01

 

dieta03

 

 

dieta02

24/10/16

19/10/16

Resultados Olimpíada Musical (5)

A canción gañadora foi A miña tía, en segunda posición ficou Eu son un artista e por último Todo natural.

14/10/16

Resultados Olimpíada Musical (4)

A gañadora con 54 votos foi Vai alborexar, con 45 ficou en segundo lugar Rosa e por último 39 votos foron para Maxicamente vello. Houbo tamén 7 votos en branco.

12/10/16

As células de 5º

En quinto estamos vendo os seres vivos, por tal motivo os rapaces de 5º A e 5º B xuntámonos en equipos para elaborar células vexetais e animais. Así de ben nos quedaron!img_4727 img_4726 img_4725 img_4724 img_4723