Bos días familias!
Aquí vos deixo outra semana máis as tarefas para que vaiades facendo cos nenos e nenas! Xa sabedes que son voluntarias e que as podedes adaptar as vosas circunstancias, tempos, materiais...
CONTO
- Imos volver recordar de que ía o conto "A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO"
Logo de escoitar o conto para refrescar a memoria, entrade neste enlace e xogade... Xa me contaredes, que tal... se vos gustou... se foi fácil...
EXPRESIÓN ORAL
Imos usar a palabra MENTIRA para traballar de maneira oral algo de lectoescritura, para isto farémoslle aos nenos e nenas estas preguntas, máis aquelas que se vos poidan ocorrer:
- Que nenos e nenas da clase levan no seu nome a letra M?
- Que profes do cole levan no seu nome a letra M?
- Quen da familia leva no seu nome a letra M?
- Que días da semana empezan ou levan a letra M?
- Que vogais hai na palabra "MENTIRA"? Tes algunha delas no teu nome? Cal? (Aquí podemos escribirlle nós o nome deles e a palabra en maiúsculas se soamente de maneira non son capaces).
Podemos "xogar" a isto cada día, por exemplo empregando o día da semana.
Para rematar o traballiño deste conto faremos un puzzle, para iso podedes descargar esta FICHA-PUZZLE.
VARIANTES PARA FAMILIAS QUE NON POIDAN IMPRIMIR OU OUTRAS PROPOSTAS ALTERNATIVAS:
Para as familias que non poidades imprimir, podedes coller a imaxe e intentar debuxala (non ten que quedar perfecta), que a pinten os nenos/as, logo recortala en varias partes e volver montalo. Outra variante por se esta opción vos resulta complexa, podedes facer calquera manualidade pequena que leve un corazón (mesmo un corazón pintado nun folio), falade cos nenos/as e con axuda que intenten dicir un pequeno consello/idea para que a hiena non volva a mentir e reconstruír o seu corazón mancado.

TRABALLO LÓXICO-MATEMÁTICO
- Imos a xogar a facer series, poden ser de legumes que teñamos na casa, con xoguetes, pintando círculos de dúas ou tres cores distintas, de distintos tipos de pasta que teñades na casa... Podedes empregar os materiais que teñades. Despois, seguiremos xogando tamén, ao número e cantidade que xa sabedes!!! Cando rematemos de xogar, podemos facer estas fichas de seguir a serie e de buscar ao número 1 pero con trampa.
Para as familias que non poidades imprimir estas fichas podedes pintar nun folio círculos e que fagan a serie de cores que vós lle indiquedes. Para o número, igualmente nun folio escribides o número 1 correctamente e en espello, teñen que rodear o que está ben escrito.
HISTORIA DO MEU NOME
Esta era unha actividade que tiña preparada para facer na aula, gustaríame facela igualmente adaptándonos ás circunstancias e para iso preciso da vosa colaboración, mediante un correo electrónico pídovos que me contedes cal é historia do nome dos vosos nenos e nenas, respondendo a estas sinxelas preguntas:
- Significado do nome.
- Quen escolleu o nome do neno/a.
- Algunha anécdota (se hai) da escolla do nome.
Prazo máximo, ata o domingo día 26 para logo poder facer unha pequena montaxe.
AGARDO IMPACIENTE AS VOSAS FOTOS E VÍDEOS DO BEN QUE O ESTADES FACENDO, TANTO NENOS E NENAS COMO PAPIS E MAMIS ;)
SAÚDOS, NATALIA