Bo día!
Xa chegou o venres de novo! Como vos ides organizando? Espero que ben. Lucía contoume que lle encantou o vídeo polo seu cumple! Alegrámonos Lucía!
Para empezar o día preséntovos a tarxeta de ortografía que enviou Lara . Fantástico Lara! Que ben que te animaches! Ademáis empezaron a chegar algúns gatiños. Alex preséntanos un gato observando a chuvia; Sharay un gato que brilla e mira as montañas; Celia un gracioso gato que mira cara ao bosque. e Lorena un gatiño mirando ao mar. Fantástico traballo chic@s!
Celia ademáis fainos unha interesante proposta de experimento que vos explico máis adiante. Moi boa idea! Seguro que vos vai gustar!
Celia ademáis fainos unha interesante proposta de experimento que vos explico máis adiante. Moi boa idea! Seguro que vos vai gustar!
Comezaremos
a xornada cunha proposta que porá a proba as vosas habilidades de coordinación,
equilibrio, axilidade e … tamén a vosa paciencia. Que tal se vos dan os
malabares? Probáchedes algunha vez? Aquí vos deixo un vídeo titorial para
aprender. Espero que vos guste. Parece divertido! Ánimo!
Hoxe
deixareivos algunha actividade de reforzo, pois o luns é “San Telmo” e non
estará activo o blog, así que ide distribuíndoas como
vós queirades.
Proposta de tarefas:
Ciencias Naturais:
Proposta de experimento de
xerminación; proposta de confección dun minilibro
(vídeo explicativo) e xogo sobre “árbores de Galicia”.
Matemáticas: Ficha de dobres e metades e Ficha de problemas (vídeo)
Lingua Castelá: Ficha
de gramática (vídeo explicativo) e
xogos “on line”de ortografía.
Lingua Galega: Lect. Comprensiva. Aproveitade para
facer unha lectura en voz alta con
expresividade (pedide a algún familiar que participe con vós no diálogo).
Proposta de Celia: Experimento de mestura de substancias de diferentes densidades. Consiste en mesturar mel, fairy, auga con colorante, aceite e alcohol. O resultado é espectacular!
Boa fin de semana! A experimentar ! Unha aperta!
TARXETA ORTOGRAFÍA
Proposta de Celia: Experimento de mestura de substancias de diferentes densidades. Consiste en mesturar mel, fairy, auga con colorante, aceite e alcohol. O resultado é espectacular!
Boa fin de semana! A experimentar ! Unha aperta!
TARXETA ORTOGRAFÍA
GATOS
MALABARES
PROPOSTA DE TAREFAS
EXPERIMENTO XERMINACIÓN
FICHA XERMINACIÓN
VÍDEO MINILIBRO
XOGO "ÁRBORES DE GALICIA"
FICHA DOBLE Y MITAD
FICHA PROBLEMAS
VÍDEO PROBLEMAS
FICHA GRAMÁTICA
VÍDEO GRAMÁTICA
XOGOS ORTOGRAFÍA
LECT. COMPRENSIVA