Bos días! Arrincamos unha nova semana pra seguir aprendendo as taboas de multiplicar, espero que as esteades levando ben! Imos centrarnos estes días na taboa do 7 e en repasar algúns problemas tanto de sumas coma de multiplicacións retomando as fichas de resolución de problemas do noso libro. Coma sempre, a temporalización é so unha proposta.
Martes 21: Comezamos coa primeira parte da ficha 22 de resolución de problemas do noso libro: Ficha
Mércores 22: Rematamos esa mesma ficha: Ficha
Algúns remataredes isto moi rápido, mentres que a outros costaravos mais, non vos preocupedes! Se vos sobra tempo podemos entrar na web de "tablas de multiplicar" e repasar a taboa do 6 facendo os cinco pasos e probando os xogos, este é o enlace.
Xoves 23: Entramos de novo na web de "tablas de multiplicar" pero hoxe imos facer os cinco pasos da taboa do 7. Aprendedea ben! Enlace
Venres 24: Rematamos a semana volvendo ao apartado de calculo e operacións do noso libro e facendo a segunda parte da ficha 23: Ficha
Unha vez feito isto a maiores podedes ir comezando tamén a ver a taboa do 8, que traballaremos a próxima semana, coa nosa ficha das taboas ou ben cos xogos de mundo primaria e arbolabc.
Moito ánimo a todos! Xa falta menos