Buscar este blog

24/11/14

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS

Onte, a nosa escola tivo a siete de ir ao Teatro  Municipal de Tui. A obra baseada no libro de Carlos Casares foi toda unha experiencia. Ademáis, aproveitamos a ocasión para facer un percorrido por Tui e recordar todo o que aprendemos sobre as paisaxes.


UN GRAN DÍA!


[gallery columns="4" ids="6337,6338,6339,6340,6358,6341,6342,6343,6344,6345,6346,6347,6348,6354,6355,6356,6357"]

19/11/14

VISITA DE SONIA

A semana pasada gozamos coa visita da Profe Sonia a nosa clase para contarnos os seus cambios e nós os nosos. Foi xenial poder volver a toparnos!


image

11/11/14

"En galego,... máis e mellor" nº 50

Co "En galego,... máis e mellor" de novembro esta publicación chega ao seu número cincuenta. Medio cento de boletíns dunha xeira que comezou hai algo máis de oito anos e que malia algunha interrupción aínda está viva.

Na capa deste número unha das 55 mentiras que recolleu Prolingua, o suposto dereito a que os pais escollan a lingua de escolarización dos seus fillos. No interior os verbos que en galego usamos para falar do tempo transcorrido. E na contracapa unha frase de Castelao e unha consideración en forma de interrogante sobre a importancia que ten o galego, per se e para o noso país.

o

10/11/14

SIR ISAAC NEWTON

Co gallo do día da Ciencia en Galego, entramos no mundo da Física da man dun grande científico, Isaac Newton. Este científico inglés do século XVIII foi físico, matemático e astrónomo. Fixo grandes aportacións como a ley de Gravitación Universal ou as leis da dinámica. Sentimos non poder ofrecervos o material en galego, mais esperamos que apliquedes os coñecementos para un día moi experimental. Abride os ollos pequenos científicos!



A biografía de Isaac Newton na WIKIPEDIA



En primeiro lugar un traballo dos alumnos e alumnas do CEIP Condesa de Fenosa


Newton foi influido por outro gran científico, Galileo, e creou a lei para explicar a gravedade. Mirade que sinxelo!


Unha breve explicación das tres leis de Newton para logo pasar a Física máis divertida co profesor Beakman.




PASADE UN BO DÍA DA CIENCIA!