Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

16/4/20

Xoves 16/04/20 - Actividades 3º educación primaria


Ola chic@s, que tal? Gustouvos o saúdo ao Sol? Pois podedes practicalo as veces que queirades xa que é moi bo para comezar ben un novo día. 
Hoxe comezaremos visualizando un corto titulado “cuestión de actitud” a través do seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=NtyZxqg9Lxw. Unha vez visualizado completaremos unha actividade sobre dito corto Cuestión de actitud

A continuación imos repasar as fraccións a través dun xogo de dominó. Podedes imprimilo, recortalo e xogar con él ou senón é posible construílo nunha libreta ou nun folio. Animádevos! So precisades que alguén da vosa familia vos acompañe, podedes explicarlle o xogo, é moi sinxelo! Dominó de fraccións

Como actividade de lectura imos ler en voz alta a lectura interactiva “Un nombre para cada día” a través do enlace http://www.ceiploreto.es/sugerencias/Comprension_lectora/segundo_ciclo/236/136/index.html Unha vez lida ides gravarvos lendo a lectura e enviarme a gravación ao correo electrónico. Quero escoitaros a tod@s e comprobar o ben que estades lendo nas vosas casas. Podedes practicala as veces que precisedes antes de gravala. 
Ao rematar realizaredes as tarefas de comprensión lectora interactivas.

Non vos esquezades de anotar no voso diario e de seguir repasándoo as táboas. Déixovos unha tarefa de colorear moi sinxela por si queredes repasalas desta maneira Actividade táboas.
Un saúdo e ata mañá.
Fanny