Buscar este blog

24/11/14

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS

Onte, a nosa escola tivo a siete de ir ao Teatro  Municipal de Tui. A obra baseada no libro de Carlos Casares foi toda unha experiencia. Ademáis, aproveitamos a ocasión para facer un percorrido por Tui e recordar todo o que aprendemos sobre as paisaxes.


UN GRAN DÍA!


[gallery columns="4" ids="6337,6338,6339,6340,6358,6341,6342,6343,6344,6345,6346,6347,6348,6354,6355,6356,6357"]

19/11/14

VISITA DE SONIA

A semana pasada gozamos coa visita da Profe Sonia a nosa clase para contarnos os seus cambios e nós os nosos. Foi xenial poder volver a toparnos!


image

11/11/14

"En galego,... máis e mellor" nº 50

Co "En galego,... máis e mellor" de novembro esta publicación chega ao seu número cincuenta. Medio cento de boletíns dunha xeira que comezou hai algo máis de oito anos e que malia algunha interrupción aínda está viva.

Na capa deste número unha das 55 mentiras que recolleu Prolingua, o suposto dereito a que os pais escollan a lingua de escolarización dos seus fillos. No interior os verbos que en galego usamos para falar do tempo transcorrido. E na contracapa unha frase de Castelao e unha consideración en forma de interrogante sobre a importancia que ten o galego, per se e para o noso país.

o

10/11/14

SIR ISAAC NEWTON

Co gallo do día da Ciencia en Galego, entramos no mundo da Física da man dun grande científico, Isaac Newton. Este científico inglés do século XVIII foi físico, matemático e astrónomo. Fixo grandes aportacións como a ley de Gravitación Universal ou as leis da dinámica. Sentimos non poder ofrecervos o material en galego, mais esperamos que apliquedes os coñecementos para un día moi experimental. Abride os ollos pequenos científicos!



A biografía de Isaac Newton na WIKIPEDIA



En primeiro lugar un traballo dos alumnos e alumnas do CEIP Condesa de Fenosa


Newton foi influido por outro gran científico, Galileo, e creou a lei para explicar a gravedade. Mirade que sinxelo!


Unha breve explicación das tres leis de Newton para logo pasar a Física máis divertida co profesor Beakman.




PASADE UN BO DÍA DA CIENCIA!

27/10/14

Estudando a paixase

paisaxe

NON TEÑO MEDO, SAMAÍN!

Agora xa chegou o outono, caeron as follas e o vento e a chuvia bateron nas castañas, pronto gozaremos da máis terorífica e divertidas das festas, o SAMAÍN!  Esta celebración non é nova xa que contan que os celtas colocaban candeas no interior das caveiras dos seus inimigos. Aquí tedes diferentes arrepiantes recursos a vosa disposición.



 Mais sobre o Samaín. CEIP PALMEIRA

 

 Tradición de traballar as cabazas (Cultura Galega.org)

 

 


Unidade didáctica 1º ciclo


Unidade didáctica 2º ciclo


Texto para 3º ciclo


 

 Proxecto:  O MEDO    C.E.I.P. Quintela (Moaña)

XOGO DO SAMAÍN   C.E.I.P. Manuel Fraga( Cariño) 

 

 Un Samaín de Conxuros (para os máis pequerrechos)      



 

 Manualidades: Art Attack (Casa Encantada)  Araña  

 

BUSCA NA BIBLIOTECA OS SEGUINTES LIBROS ARREPIANTES…


 


ESTE CONTO NON É APTO PARA OS MÁIS MEDORENTOS COMO FIZ…


 




CANTA SEN PARAR, PARA OS MEDOS ESPANTAR!!!!



20/10/14

É TEMPO DE CASTAÑAS...

Parece que o magosto está a chegar. Os soutos están no seu mellor momento así que prepararemos unha boa paparota. Pero ademais de encher o noso estómago, debemos enchernos de coñecementos. Aquí tedes algunhas ideas!


HISTORIA DA CASTAÑA


CONTO: A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA

castaña lim

 

NON CHAS QUERO


 



 

 

O Samaín


8/10/14

Aprende sobre as computadoras!!

É o momento de aprendermos como manexar o ordenador e facer o primeiro traballo empregando a informática. Presta atención e pouco a pouco conseguirás un excelente resultado. A TRABALLAR!



Agora debedes crear un documento coma o que vos mostro. PODEDES ACADALO!



Para rematar, déixovos un xoguiño para seduir practicando na casa. BOA SORTE RANDUFEIROS!!!!!


partes del ordenador

 

O ARTE QUE NOS ALIMENTA: ARCIMBOLDO


7/10/14

"En galego,... máis e mellor" nº49

Co mes de outubro volve o boletín "En galego,... máis e mellor" nº 49. Na capa seguimos coa xeira polas mentiras sobre a lingua galega, esa que di que é unha falta de educación responder en galego se che falan castelán. No interior unhas palabras que levan a letra x coa pronuncia ks. Na contracapa unha cita do Xocas sobre cal é o gran labor da sociedade a respecto da lingua, e unha viñeta humorística de Castelao.




Xosé Luís Regueira, membro da RAG, danos unhas explicacións da pronuncia con son ks das palabras que recollemos no boletín.




25/9/14

En terceiro, cada día escribimos mellor!

Somos a clase de 3º A e estamos traballando moito. Estas son algunhas das nosas creativas tarxetas ortográficas. Que vos parece?


[gallery ids="6220,6221,6222,6223,6224,6225,6226,6227,6228,6229,6230,6231,6232"]

RETRATOS

O retrato pictórico é un xénero dentro da pintura, na que se pretende representar  a aparenza visual da persoa a quen se lle fai. Os retratistas traballan por encargo, tanto de persoeiros da vida pública como de particulares, ou inspirados pola admiración e afecto ao protagonista. Cando o artista retrátase a si mesmo, chamámoslle autorretrato.



23/9/14

EXERCITA O TEU CÁLCULO

Benvid@s a zona de entrenamento do cerebro matemático. Agora é momento de mellorar os vosos tempos... Poderedes conseguilo?


         

 

16/9/14

Benvidos a un novo curso!!!

Comezamos un novo curso cheo de ilusións e enerxía para aprender milleiros de contidos.


 

Para iniciar unha longa viaxe, ofrecémosvos estes xogos para poñervos nalgún atranco.