Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

17/4/20

Tarefas 5º EP 17/04

Bos días! Por fin venres. Hoxe faremos Lengua Castellana en vez de Lingua Galega xa que temos rematado o tema de L.G. e imos un pouco atrasados con respecto a de L.C. Hoxe tráiovos un reto divertido para plástica que vai a implicar empregar a vosa imaxinación para levalo a cabo. Os amantes aos disfraces estarán de parabén. Pero coma sempre comezamos coas mates:

Matemáticas
: Unha vez repasado todo o que vimos novo ao longo desta semana e momento para avanzar un pasiño máis. Hoxe empezaremos co mínimo común múltiplo ou m.c.m. Parece unha cousa súper complexa pero non o é tanto. De feito cando fixéchedes o dos planetas de star wars estabades facendo un m.c.m. Hoxe vouvos a propoñer un problema sobre outro sistema planetario de star wars onde deberedes aplicar o que xa coñecemos e quizais buscar algunha solución nova. Déixovos o enlace co documento: mcm star wars

Lengua Castellana: Haceis los siguientes ejercicios del tema 7 del apartado de gramática. 2, 3, 4, 5 y 6

Plástica: Hoxe quérovos propoñer un reto, quero que fagades na medida das vosas posibilidades unha foto imitando un cadro famoso. As fotos que fagades podédesmas enviar a seguinte dirección de email: oprofemartinderandufe@gmail.com ou tamén a través de classcraft. Lembrade dicirme que cadro estades imitando. Despois compartirei coa clase os resultados. Non tendes porque facelo hoxe, podedes facelo ao longo da fin fin de semana.

Déixovos aquí algúns exemplos. Podedes coller algún dos cadros dos exemplos ou escoller outro cadro famoso calquera: