Bos días! Hoxe comezaremos a calcular areas, avanzaremos un pouco máis nas linguas e dareivos as instrucións para facer o traballo de investigación sobre os animais vertebrados. Comezamos:
Matemáticas: Aquí vos deixo un documento en PDF con diferentes paralelogramos e unha figura final para que calculedes as superficies das mesmas. Se tendes algunha dubida volvede a ver o vídeo de onte ou revisade o documento PDF de onte.
Lingua Galega: Ides facer un ditado co audio do texto da lectura do apartado de gramática do tema 8. A lectura chámase "Un sentido sen sentido" Ides escoitando o audio e copiando o texto. Podedes ir detendo e retrocedendo as veces que vos faga falta. Pero intentade facelo sen mirar o texto. Ao rematar o corrixides co texto que está escrito.
Ciencias Naturais: Traballo de investigación. Quero que elixades 10 animais vertebrados. Ten que haber 2 animais de cada tipo de vertebrados e teredes que buscar a información na rede para reencher a seguinte ficha: Traballo vertebrados
Non tendes que entregarme a ficha inmediatamente. Podedes ir facendo un par de animais cada día.
Lengua Castellana: Leeis el apartado de literatura del tema 8. Luego leeis el cuento de las tres hilanderas. Por último haceis las actividades 2 y 3.
Moita sorte e moito ánimo!