Ola de novo!
Que
tal van esas escrituras creativas? Xa estou recibindo algunhas, en canto poida
devolveréivolas corrixidas.
Espero
que conseguirades xogar co xogo das simetrías. É moi entretido e axuda a manter
o cerebro activo. Sharay envía unha
foto dunha simetría. Moi ben Sharay!
Ademais
Aarón enviou o seu “Gato
na ventá” Bo traballo Aarón!
Tamén
veredes as legumes xerminadas de Sharay. Como creceron!
Ben,
despois disto pasamos a presentar un vídeo
cun poema sobre a chuvia, que ben moi a conto pois parece que nos sigue
acompañando.
Proposta de tarefas
Matemáticas:
Hoxe repasaremos a multiplicación e
división pola unidade seguida de ceros (ficha e vídeo explicativo). Tamén achego unhas fichas de crucinúmeros ( visualizade
a táboa do 100 pero intentade facer os exercicios sen a táboa diante; recordade
que para avanzar á dereita ou á esquerda hai que sumar ou restar 1, e para
avanzar cara abaixo ou cara arriba hai que sumar ou restar 10).
Como
é un fin de semana longo, tamén vos deixo unha ficha extra de cálculo.
Lingua castelá:
Ficha de gramática e ficha
extra de Comprensión lectora. /Lingua
galega: Ficha de gramática.
Plástica:Hoxe
propóñovos practicar a técnica do puntillismo
que pode ser con diferentes materiais e utensilios: témpera co dedo, témpera
con bastonciños, rotuladores… (vídeos explicativos)
Valores:Achégovos
un conto que nos achega ao mundo das persoas cegas. A autora deste libro, imaxina a amizade entre
dous nenos, un dos cales, Tomás, é cego. O seu amigo cóntanos
como Tomás es capaz de oler, tocar,
oír e saborear as cores, mentres él soamente os ve. O libro, totalmente en
negro para introducir ao lector no mundo dos cegos, inclúe o texto impreso e en braille, así como
ilustraciones en relevo para ser lidas e tocadas.
Ciencias Naturais:
Cuestionario sobre “Reprodución das plantas” para poñer a proba a vosa memoria.
O luns enviareivos a ficha de autocorrección.
E por último propóñovos un reto: construir un cubo coa técnica de papiroflexia partindo de 6 folios de cores ( podedes facelo con papeis de revista...)
Boa fin de semana! Disfrutade dos paseos!
Unha aperta!
VIDEO " A CHUVIA"