A noticia de que a partir do día 26 os nenos e nenas podremos saír da casa está causando sensacións moi diferentes entre nós. Algúns estamos desexando que chegue ese día 😊(estamos cansados e aburridos de estar dentro da casa) e outros temos medo de saír😕. Todas estas sensacións e sentimentos son normais, estamos nunha situación pola que nunca antes pasamos. Deixámovos un conto no que uns grandes profesionais de botar tempo na casa (hibernan todos os anos) nos explican perfectamente como volver saír. Sabedes quen poden ser eses profesionais???
Temos que ter claro que se as autoridades sanitarias nos deixan é porque é seguro, pero sempre cumprindo as normas:
1. Saír unha hora ao día ⌚ (se nos vemos moi agobiados podemos empezar con menos tempo e ir aumentando).
2. Estar sempre cerca do adulto que saia con nós e non moi lonxe da casa
3. Distancia de dous metros doutras persoas (podemos practicar este fin de semana cantos son dous metros dentro da casa📏 , que importantes son as mates!!)
4. Podemos levar xoguetes (🚲⚽🎾bici, patinete, pelotas...) pero NON podemos ir ao parque.
5. Non debemos tocarnos a cara nin os ollos
6. Se temos mascarilla podemos poñela para saír.
7. LAVAR MOITO AS MANS AO CHEGAR A CASA!!
Non esquezas as normas e todo sairá ben. Recorda...se nos deixaron saír os primeiros é porque confían en que o faremos moi ben!!!