Bos días chic@s! Espero que estes días de semana santa foran moi ben e dentro do que cabe gozarades moito.
Hoxe para comezar imos facer unha actividade en lingua galega que se
titula “Todo sobre min”. Presentación. Unha vez rematada ides compartila comigo a
través do correo electrónico, pero esta vez dunha forma diferente. Ides
gravarvos cunha gravadora facendo como unha presentación, coma se estiverades expoñendo
a vosa tarefa na aula. Para iso podedes empregar unha gravadora do móbil.
A continuación imos facer un concurso de táboas por parellas. Cada parella
ten asinada unha cor. Para poder comezar entrade no seguinte enlace https://docs.google.com/document/d/14fAC3sxF5nm_QDvrC-wgRGchDfIqNAaSv3Vxygjyw6g/edit?usp=sharing O primeiro que tedes que facer é buscar a páxina na que
estean os vosos nomes e a continuación responder as táboas na cor que vos
tocou. Unha vez contestadas, tedes que comprobar que os resultados sexan correctos. Ánimo, a ver que tal sae!
Non vos esquezades de escribir no voso diario, de ler tódolos días e de seguir repasando as
táboas de multiplicar.
Un saúdo e moito ánimo.
Fanny